Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arte e cultura no centro 2020-21

O programa de "Arte e cultura no centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "Obradoiros" e/ou "Proxectos".

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria dos centros públicos do concello.

A oferta de actividades formúlase en función dos seguintes tres tramos de idade:

4.º, 5.º e 6.º curso de Educación Infantil

1.º, 2.º e 3.º curso de Educación Primaria

4.º, 5.º e 6.º curso de Educación Primaria

O cociente mínimo para formar grupo será de 10 participantes. A partir de 19 desdobrarase o grupo.

As solicitudes de alumnado con NEE serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidades e dispoñibilidade de recursos.

Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculadas ou matriculados nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

A elección polo alumnado do taller ou proxectos está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través da ANPA ou a entidade que xestione as actividades.

Horario:

De luns a venres de 16.00 a 18.00 h

TIPO DE PROPOSTAS:

OBRADOIROS

Son actividades multidisciplinares que abarcan diferentes áreas de contidos artísticos e culturais baixo unha estrutura de talleres. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización.

CONTIDOS:

Actividades culturais e artísticas como o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura etc.

TEMPORALIZACIÓN

Sesións de 1 hora, dous días á semana

COTAS PARA ABOAR NO CURSO 20-21

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso nos seguintes períodos:

Período outubro-decembro: 15 €

Período xaneiro-marzo: 15 €

Período abril-maio: 10 €

As cotas dos talleres de "MANOS QUE HABLAN" e "SEÑALES" serán proporcionais á súa temporalización.

TALLERES DE 4.º, 5.º E 6.º CURSO DE ED. INFANTIL:

Teatro, Comecocos, Eureka, Recuncho Verde, Colorín Colorado, Manitas, Pasimisí.

TALLERES DE 1.º, 2.º E 3.º CURSO DE ED. PRIMARIA:

Teatro, Xenios, Abracadabra, R que R, Canto Conto, Deseño de Seu, Alalá, Mans que falan (*).

TALLERES DE 4.º, 5.º E 6.º CURSO DE ED. PRIMARIA:

Comediantes, Scape Room, Escola de Maxia, Eco Eco, Recrearte, Alalá, Enredados (**), Acenos (*).

(*) O taller de "MANS QUE FALAN" e "ACENOS" ten unha duración de 1 hora semanal dada a natureza da actividade.

(**) A viabilidade do taller "ENREDADOS" está condicionado a que o centro educativo poña a disposición ou ceda os medios tecnolóxicos necesarios para poder levar a cabo estas sesións.

PROXECTOS

É unha actividade na que partindo dun centro de interese e baixo a metodoloxía de traballo "por proxectos", desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que os verdadeiros protagonistas serán os nenos e as nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativa) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo.

CONTIDOS:

Actividades multidisciplinares segundo a temática. Un centro de interese por trimestre.

TEMPORALIZACIÓN:

Unha sesión semanal de 2 horas.

HORARIO:

Venres de 16.00 a 18.00 h en horario continuado ou ininterrompido.

METODOLOXÍA:

Traballo por proxectos

COTAS PARA ABOAR NO CURSO 20-21

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso nos seguintes períodos:

Período outubro-decembro: 18 €

Período xaneiro-marzo: 18 €

Período abril-maio: 12 €

As cotas inclúen saídas culturais a espazos ou entidades da cidade, ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.

PROXECTOS DE 4º, 5º E 6º CURSO DE ED. INFANTIL:

1.º trimestre: O Circo; 2.º trimestre: O meu Universo; 3.º trimestre: Planeta feliz.

PROXECTOS DE 1º, 2º E 3º CURSO DE ED. PRIMARIA:

2.º trimestre: A volta ao mundo; 2.º trimestre: Artistas urbanos; 3.º trimestre: Un paseo pola música.

PROXECTOS DE 4.º, 5.º E 6.º CURSO DE ED. PRIMARIA:

3.º trimestre: Eco Chef; 2.º trimestre: Inventos Da Vinci; 3.º trimestre: Crunia de Lenda.

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 31/05/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/09/2020 ata o 20/09/2020

Inscrición do alumnado:

Do 1 ao 20 de setembro de 2020

A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado o neno ou a nena participante.

Unha vez iniciadas as actividades poderá haber altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que se solicita.

Contacto:

Federación Provincial das ANPA de centros públicos

Rúa Orzán, 21, 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 // 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para realizar talleres e proxectos do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Documentos relacionados

  • Programas das ANPA 2020-2021 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión