O programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abanico de actividades artísticas e culturais (expresión corporal, artes plásticas, teatro, experimentación científica e maxia, lóxica matemática, novas tecnoloxías ou lingua de signos) nunha contorna lúdica e participativa.
Organízase a través de OBRADOIROS "".
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria dos centros públicos do municipio da Coruña.
A oferta de actividades exponse en función do seguintes tres tramos de idade.
De luns a venres, 2 sesións semanais de 1 hora, en días alternos entre as 16:00 e as 18:00h
"MANS QUE FALAN!" ofrécese nunha única sesión de 1 hora semanal
COTAS POR TRIMESTRE
Abonaranse 21€ por cada taller ao trimestre: de outubro a decembro, de xaneiro-marzo e de abril a xuño
As cotas do taller "Mans que falan" será de 10,50 € trimestral.
Todos os escolares inscritos abonarán unha única cota anual de 5 € en concepto de SEGURO DE ACCIDENTES, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas no período lectivo do curso 2025/2026.
O alumnado solicitante que xustifique ser beneficiario de Bolsa "Comedor" para o curso 2025/2026, terá un desconto do 50% da cota.
OBRADOIROS
A través do xogo e a experimentación, buscamos espertar o interese e desenvolver diversas habilidades culturais e sociais. Cada taller ten un enfoque único, pero todos comparten o obxectivo de aprender e socializar dunha maneira divertida e enriquecedora, combinando diferentes áreas de Arte e Cultura.Todo isto nunha contorna lúdica, participativo e respectuoso, onde o importante é experimentar, crear e gozar
CONTIDOS:
Actividades culturais e artísticas como o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura, etc. para todos os niveis:
E. INFANTIL 4º,5º e 6º CURSOS | PRIMARIA 1º, 2º e 3º CURSOS | PRIMARIA 4º, 5º e 6º CURSOS |
CANTO CONTO Xogo dramático | TEATRO Dramatización | COMEDIANTES Teatro. Monólogos |
COMECOCOS Xogos de Lóxica Matemática | XENIOS Lóxica Matemática | ESCAPE ROOM Pensamento Lóxico-Matemático |
EUREKA! Ciencia Divertida | ABRACADABRA! Ciencia e Maxia | ESCOLA DE MAXIA Matemáticas, Ciencia e Maxia |
MANITAS Expresión plástica e manualidades | DESEÑO DE SEU Expresión plástica e creatividade | RECREARCHE Expresión plástica e creatividade |
ENREDADOS 1 (*) Novas Tecnoloxías | ENREDADOS 2 (*) Novas Tecnoloxías | |
MANS QUE FALAN 1 Lingua de signos | MANS QUE FALAN 2 Lingua de signos | MANS QUE FALAN 3 Lingua de signos |
(*) A viabilidade do taller "ENREDADOS" está condicionado a que o centro educativo poña a disposición ou ceda os medios tecnolóxicos necesarios para poder levalo a cabo.
Poderanse solicitar outros talleres e a Federación Provincial de ANPAS avaliará ditas propostas para decidir a súa realización.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
A oferta de programas e a selección de actividades de cada centro será determinada pola súa ANPA, conforme á proposta de Lecer da Federación, e deberá ser aprobada polo Consello Escolar.
A Federación de Anpas valorará a viabilidade das actividades e poderá propoñer alternativas nos seguintes casos:
1.Non se consiga o número mínimo de participantes.
2.Se careza de persoal, materiais ou instalacións adecuadas.
3.Se un grupo xa iniciado queda por baixo do número mínimo debido a baixas ou ausencias.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
As prazas adxudicásense por rigorosa orde de inscrición, no caso de existir limitacións por razóns organizativas ou de espazo.
Se non se puidese formar un grupo por non chegar ao mínimo de participantes ou non dispoñer dos recursos humanos, materiais ou instalacións idóneas, facilitarase aos solicitantes a inclusión noutro grupo xa formado ou ben se valorará conxuntamente coas familias substituír esa actividade por outra que si cumpra as condicións necesarias para a súa posta en marcha.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
1º trimestre: ata o 14 de setembro.
2º trimestre: do 1 a 15 de decembro .
3º trimestre: do 1 a 15 de marzo .
Se a baixa é solicitada unha vez iniciado o trimestre e fóra dos prazos establecidos, poderase solicitar a devolución proporcional da parte non gozada, tendo en conta o número de sesións restantes a partir da data de comunicación da baixa. Esta devolución efectuarase nun prazo de 30 días e poderá descontarse o custo de gastos fixos non recuperables directamente vinculados á inscrición.
Dende o 01/10/2025 ata o 19/06/2026
Dende o 15/07/2025 ata o 14/09/2025
A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
INCLUSION DE ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Deberá indicarse na solicidud de inscrición.
A Federación Provincial de Anpa valorará a viabilidade da súa inclusión no grupo correspondente.
Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos
C/ Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10179
REQUISITOS:
O númeo mínimo de participantes para formar grupo establecerase segundo a liña de cada centro:
Cocientes máximas por grupo:
Estas cocientes poderán adaptarse tendo en conta o criterio técnico e a información das Anpas.
O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización de talleres e proxectos do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.
Cada grupo que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características necesiten dun/a educador/a de reforzo.
Federación Provincial de ANPAS de centros públicos da Coruña, en convenio de colaboración co Concello da Coruña, para o desenvolvemento dos "Programas de Lecer" nos CEIP do municipio, en horario extraescolar.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible