Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aulas activas de seguridade viaria 2026-27

STOP Accidentes desenvolve un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación moza, co obxectivo de fomentar unha mobilidade segura, autónoma e sustentable. A través de metodoloxías activas e participativas adaptadas a cada colectivo, promóvense actitudes responsables como peóns, persoas usuarias de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal (patinetes), persoas pasaxeiras ou futuras persoas condutoras, para o que se aliña a intervención cos principios da educación para a cidadanía, a sustentabilidade e a prevención dos sinistros viarios.

O programa adapta a súa intervención aos distintos tramos de idade e momentos evolutivos e favorece a adquisición de coñecementos, habilidades e valores relacionados coa convivencia, a corresponsabilidade, a percepción do risco e o respecto ás normas que regulan unha mobilidade segura, tanto en contornas urbanas como interurbanas.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional e estudos universitarios.

A intervención adáptase a cada nivel educativo, tanto en contidos como en metodoloxía e asegura a súa adecuación ao momento evolutivo do alumnado e aos obxectivos curriculares.

Horario:

Desenvólvese dentro do horario lectivo, cunha duración e calendario que se axustan á dispoñibilidade do centro educativo e da entidade STOP Accidentes.

Prezo / Custo:

Actividade gratuíta

Obxecto:

O proxecto propón un espazo de reflexión crítica sobre os valores que sustentan unha mobilidade segura e respectuosa: a responsabilidade individual, a corresponsabilidade social, a solidariedade, a prudencia e o respecto aos demais.

Estes valores abórdanse desde unha perspectiva educativa e cidadá, en liña coas competencias clave do sistema educativo.

O proxecto propón un espazo de aprendizaxe, reflexión crítica e participación activa orientado a fortalecer as competencias persoais e sociais necesarias para desenvolverse de forma segura, responsable e sustentable na mobilidade cotiá.

A través do traballo sobre valores como a responsabilidade individual, a corresponsabilidade social, a solidariedade, a prudencia e o respecto ás demais persoas, o alumnado desenvolve habilidades relacionadas coa percepción do risco, a toma de decisións, a convivencia e o exercicio dunha cidadanía responsable, en consonancia coas competencias clave do sistema educativo.

O proxecto estrutúrase nunha actividade teórica principal e varias actividades prácticas complementarias e opcionais, que permiten consolidar as aprendizaxes mediante experiencias vivenciais, a reflexión compartida e a participación activa do alumnado.

Actividade teórica: obradoiro de mobilidade sustentable e segura

O obradoiro de mobilidade sustentable e segura ten unha duración de 50 minutos.

Desenvólvese unha sesión de sensibilización na aula apoiada en recursos multimedia e dinámicas participativas. O obxectivo é promover a aprendizaxe significativa ao redor dunha mobilidade responsable, segura e sustentable. Trabállase desde unha perspectiva educativa e vivencial e promóvese a reflexión e o pensamento crítico.

Actividades prácticas complementarias (opcionais)

Estas actividades teñen carácter vivencial e reforzan as aprendizaxes adquiridas na fase teórica.

A duración mínima é dunha clase de 50 minutos e a máxima de dúas clases (no caso do simulacro).

  • Obradoiro de comunicación asertiva; aprender a dicir NON: dicir "NON" ante situacións de presión ou risco non é unha capacidade innata, senón unha habilidade que se aprende e adestra. Con esta intervención educativa contribúese ao desenvolvemento das habilidades sociais do alumnado e proporciónanselle ferramentas prácticas para afrontar, de forma firme e respectuosa, situacións que poidan comprometer a súa seguridade na mobilidade. A través de dinámicas participativas, trabállanse técnicas de comunicación asertiva que fortalecen o autocontrol, a autoestima e a toma de decisións conscientes e promoven así unha actitude preventiva e responsable ante a condución e a mobilidade cotiá.
  • Detectives da mobilidade: este obradiro propón unha actividade práctica de observación e análise da contorna do centro educativopara identificar riscos, puntos críticos e barreiras que afectan á mobilidade cotiá. O alumnado traballa de maneira colaborativa para detectar comportamentos inseguros e dificultades estruturais e desenvolver así unha conciencia crítica e responsable. Como resultado, foméntase a capacidade de propoñer solucións e melloras que contribúan a unha mobilidade máis segura e sustentable.
  • Simulacro de sinistro viario: en colaboración cos servizos de emerxencias (Bombeiros, Policía Local, servizos sanitarios), realízase un simulacro de sinistro de tráfico. Esta actividade ten un forte compoñente vivencial e educativo, orientado a favorecer a toma de conciencia sobre as consecuencias das condutas de risco na mobilidade e a promover unha reflexión crítica sobre a importancia da prevención.
  • Tras o simulacro, ábrese un espazo de diálogo onde os participantes reflexionan en grupo, cóntase, sempre que sexa posible, co testemuño dunha persoa vítima dun sinistro viario. Esta experiencia favorece a interiorización de valores preventivos e a adopción de condutas responsables.

Este curso ponse en marcha unha nova liña específica centrada na mobilidade segura en vehículos de dúas rodas, a través do proxecto "Todo vai sobre 2 rodas: o casco é o teu seguro de vida. Pensa, protéxete, circula!", dirixido á sensibilización da mocidade sobre mobilidade segura e responsable no uso de bicicletas, patinetes eléctricos e ciclomotores.

O obradoiro aborda cuestións relacionadas co uso do casco e doutros elementos de protección, factores de risco, normativa, convivencia viaria e mobilidade responsable, mediante dinámicas participativas e exemplos prácticos adaptados ao alumnado.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 18/06/2027

A intervención organízase de forma flexible dentro do curso escolar e garántese a súa integración na programación docente.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 28/05/2027

Inscrición telefónica (981 289 368 / 667 309 450) ou por correo electrónico (aulasactivas@stopaccidentes.org).

Contacto:

STOP Accidentes Galicia

R/ Río de Monelos, 20, 1.º dta. Oficina, 4, 15006 A Coruña

Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós

Teléfonos: 981 289 368 e 667 309 450

Horario: de 9.00 a 15.00 horas

Correo electrónico: aulasactivas@stopaccidentes.org

Requisitos:

A actividade coordínase por orde de inscrición e directamente co centro educativo.

  • A participación é gratuíta.
  • Desenvólvese co alumnado do centro educativo.
  • O contido e a metodoloxía adáptanse ás idades do alumnado.
  • A realización das actividades prácticas complementarias é opcional.

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión