Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axente titor 2026/27

A sección de Axente Titor da Policía Local do Concello da Coruña pon en marcha, para o curso 2026/2027, dúas actividades dirixidas ao alumnado de 6.º de EP e de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO, respectivamente.

A primeira actividade, "Entre placas e pegadas", consiste nunha visista ás instalacións policiais cunha demostración práctica da unidade canina.

A segunda actividade, dirixida ao alumnado de ESO, consiste en intervencións nos centros educativos orientadas á protección dos menores, a mellora da convivencia escolar e a prevención do consumo de substancias no ámbito educativo.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 6º de EP (Programa "Entre placas e pegadas") e de ESO (Programa "Talleres preventivos").

Entre placas e pegadas

A Sección de Axente Titor da Policía Local pon en marcha unha actividade educativa dirixida ao alumnado de 6.º de Educación Primaria, consistente nunha visita ás instalacións policiais. A través desta experiencia, os menores poderán coñecer de primeira man o traballo diario da Policia Local, descubrir os diferentes medios materiais utilizados no servizo e asistir a unha demostración práctica da unidade canina.

A actividade pretende favorecer un achegamento positivo entre a Policía Local e os menores, promovendo relacións de confianza, respecto e colaboración, así como reforzar o labor preventivo desenvolvido pola Unidade de Axente Titor no ámbito educativo.

Obxectivos Xerais

  • Achegarlle a figura da Policía Local ao alumnado desde unha perspectiva próxima e educativa.
  • Dar a coñecer as funcións e competencias da Policía Local dentro da comunidade.
  • Promover valores de respecto, convivencia, empatía e responsabilidade.
  • Mostrar de forma práctica o traballo dos guías caninos e outros recursos policiais.

Destinatarios e Duración

Alumnado de 6.º de Educación Primaria.

Duración estimada da actividade: 60 minutos

Metodoloxía de Traballo

  • Recepción e benvida nas instalacións da Policía Local.
  • Visita guiada polas dependencias policiais.
  • Presentación de vehículos, equipamento, medios policiais e funcións de cada unidade.
  • Demostración práctica da unidade canina.
  • Rolda final de preguntas e participación do alumnado.

Talleres preventivos

A Unidade de Axente Titor da Policía Local desenvolve talleres orientados á protección de menores, a mellora da convivencia escolar e a prevención de consumo de substancias no ámbito educativo.

Obxectivos Xerais

  • Promover condutas responsables e seguras.
  • Previr o consumo de drogas e outras adiccións.
  • Favorecer a convivencia e previr o acoso escolar.
  • Achegar a figura do Axente Titor ao alumnado.

Destinatarios e Duración

Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Duración estimada de cada sesión: 50 minutos.

Metodoloxía de Trabaio

  • Exposición dinámica de contidos.
  • Debate guiado e participación activa.
  • Conclusións finais dos talleres.
  • Exhibición can policial K9.

Principios de Actuación

  • Prevención
  • Proximidade
  • Confianza
  • Coordinación coa comunidade educativa

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 18/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Inscrición centros

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Policía Local

Inspector Principal. Coordinador de Educación Viaria

Tel.: 981 184 200 Ext.: 13008

Documentos relacionados

  • Axente titor 2026/27 - Información do programa (87 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión