Concello da Coruña

Concello da Coruña

Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2026-27

A mobilidade cotiá forma parte do proceso educativo e constitúe unha oportunidade para fomentar desde a infancia hábitos de desprazamento seguros, saudables, autónomos e respectuosos coa contorna. Os camiños escolares seguros favorecen o desenvolvemento persoal do alumnado, promoven a mobilidade activa e contribúen á creación de cidades máis accesibles, sostibles e amables para a infancia.

A través de actividades adaptadas ás capacidades e necesidades de cada etapa educativa, o proxecto sensibiliza sobre a importancia da prevención, a convivencia e a seguridade viaria, favorecendo a implicación da comunidade educativa na construción de contornas escolares máis seguros, saudables e sostibles.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria.

Horario:

Desenvólvese dentro do horario lectivo, cunha duración e calendario que se axustan á dispoñibilidade do centro educativo e da entidade STOP Accidentes.

Obxecto:

O proxecto ten como finalidade promover unha cultura de mobilidade segura, activa e sostible mediante a implantación e consolidación de camiños escolares seguros que favorezan a autonomía progresiva do alumnado e a recuperación do espazo público como unha contorna educativa, saudable e accesible.

Desde un enfoque educativo e de participación comunitaria, o programa impulsa hábitos de mobilidade responsables, fomenta a convivencia, o respecto polas normas de circulación e o desenvolvemento de competencias persoais e sociais relacionadas coa autonomía, a toma de decisións, a corresponsabilidade e o coidado da contorna.

O proxecto desenvólvese de forma integrada na vida do centro educativo e promove a implicación do alumnado, do profesorado, das familias e da comunidade educativa como axentes activos na mellora da seguridade e da mobilidade na contorna escolar.

As actividades adáptanse á dispoñibilidade do centro educativo e de STOP Accidentes e desenvólvense nos centros participantes dentro do proxecto A.N.C.A.S., combinando unha actividade teórica con diversas actividades prácticas adaptadas aos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria.

Centros de continuidade no proxecto A.N.C.A.S

  • Actividade teórica:
    • Duración: 50 minutos
    • Sesión de sensibilización en aula, con contidos adecuados á idade, que promove hábitos seguros e sustentables nos desprazamentos cotiáns.
  • Actividades prácticas (opcionais):
    • Duración: 50 minutos por actividade, adaptables segundo necesidades do centro.
    • Multiplicadores de vida: taller creativo de traballos manuais e elaboración de chapas con mensaxes de seguridade viaria, para fomentar a conciencia e difusión de boas prácticas.
    • Taller de habilidades en bicicleta e patinete: espazo práctico para desenvolver destrezas motoras e aprender normas básicas de circulación.
    • Detectives da Mobilidade: taller de observación e análise da contorna urbana do centro, con actividades de deseño e participación como "multas solidarias" para mellorar a seguridade.
    • Faite ver: Actividade de sensibilización sobre a importancia do uso de elementos reflectores para peóns e ciclistas, reforzando a seguridade en desprazamentos con pouca luz.

Centros que inician o proxecto A.N.C.A.S

  • Actividade teórica:
    • Duración: 50 minutos
    • Sesión de sensibilización en aula, con contidos adecuados á idade, que promove hábitos seguros e sustentables nos desprazamentos cotiáns.
  • Actividades prácticas:
    • Duración: 50 minutos por actividade, adaptables segundo necesidades do centro.
    • Enquisa hábitos de mobilidade: para coñecer as prácticas actuais e detectar áreas de mellora.
    • Auditoría da contorna escolar: que permite identificar puntos críticos e elaborar propostas concretas para mellorar a seguridade viaria nos percorridos.
    • Reunión cos axentes implicados: incluíndo á comunidade escolar, familias, comerciantes e outros actores locais, para fomentar a participación e coordinación.
    • Establecer rutas A.N.C.A.S e mapa de percorridos: e elaboración dun mapa de percorridos que facilite o camiño escolar seguro e sostible.
    • Inscrición do alumnado e coordinación de acompañantes.

Observación: o desenvolvemento de actividades de implantación do percorrido realízano técnicos de STOP Accidentes en colaboración co Concello.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 28/05/2027

A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2026/2027.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/05/2027

Inscrición de novos centros: por correo electrónico (ancasgalicia@stopaccidentes.org) ou a través do formulario en liña .

Para os centros que xa participen no programa A.N.C.A.S. as familias poderán formalizar a inscrición a través da ficha en liña ou solicitar o impreso correspondente no ANPA ou na secretaría do centro para a súa posterior entrega fisicamente.

Contacto:

STOP Accidentes Galicia

Rúa río de Monelos, 20, 1º Dereita. Oficina 4. 15006 - A Coruña

Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós.

Teléfono: 981 289 368 / 667 309 450

Horario: de 09.00 a 15.00 horas

Correo electrónico: ancasgalicia@stopaccidentes.org

Requisitos:

A actividade coordínase por orde de inscrición e directamente co centro educativo.

  • A participación é gratuíta.
  • Desenvólvese con todo o alumnado do centro educativo.
  • O contido e a metodoloxía adáptanse ás idades do alumnado.
  • As actividades desenvólvense segundo a fase na que se atope o centro educativo dentro do proxecto de camiño escolar seguro A.N.C.A.S.

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión