Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles 2020-21

A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de lles dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP, dos CEIP do Concello da Coruña. Terá preferencia o alumnado dos CEIP que sexan sede.

Prezo / Custo:

Entre 15 e 53 euros. Gratuítos para menores beneficiarios da bolsa comedor

HORARIO

  • De mañá, de 10.00 a 14.00 h
  • Madrugadores (con ou sen almorzo): a partir das 8.30 h
  • Comedor: desde as 14.00 h ata as 15.30 h (pódese saír desde as 15.00 h)

Condicións do programa

O número de prazas ofertadas para cada campamento será dun mínimo de 15 escolares e máximo de 45; e de 10 nos servizos de madrugadores e comedor.

No caso de non chegar ao mínimo esixido, devolveríase a cota aboada.

Centros onde se oferta

CEIPs do Concello da Coruña.

Debe haber unha solicitude previa da ANPA, ten que estar aprobado en Consello Escolar e será valorado pola Federación Provincial das ANPA.

Cando:

Dende o 28/06/2021 ata o 30/07/2021

Do 28 de xuño ao 30 de xullo en 5 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 24/05/2021 ata o 26/05/2021

Inscrición a través de http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/.

Contacto:

Federación Provincial das ANPA de centros públicos

R/ Orzán, 21, 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Máis información:

Nº de prazas: 2250

Documentos relacionados

  • Info campamentos Campacoles (416 KB)
  • Programas das ANPA 2020-2021 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión