Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campacoles 2022-23

A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Escolares de Educación Infantil e Educación Primaria matriculados nos CEIP do Concello da Coruña no curso 2022/2023.

 PRAZAS

1.800 prazas. Resérvanse ata 600 prazas (75 prazas por sede) para os escolares matriculados no centro sede no actual curso 2022/2023.

PREZO / CUSTO

Entre 20 e 70 euros (aprox.).

  • Campacole: 20 € *
  • Madrugadores sen almorzo: 10 €
  • Madrugadores con almorzo: 18 €
  • Comedor: 28 €
  • Seguro de accidentes: 4 € **

* Estarán exentos/as da cota de campacole (de 10.00 a 14.00 horas) os/as escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios/as de bolsa comedor neste curso 2022/2023.

** Estarán exentos/as do pagamento do seguro de accidentes aqueles/as solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPA no curso 2022/2023 ("Cóxegas", "Deporte no centro", "Arte e cultura no centro" e "English Lab")

A cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta da Federación Provincial de ANPA: ES37 2100 6359 5802 0006 1816.

O comprobante da transferencia, indicando no "concepto" o nome do participante, a quenda e os servizos admitidos, enviarase por correo electrónico ao enderezo: campacoles@fedapascoruna.org.

No caso de non realizar o pagamento nos prazos establecidos a praza quedará vacante, sendo chamados por orde as persoas solicitantes das listaxes de agarda para cubrila.

HORARIO

  • De mañá, de 10.00 a 14.00 h.
  • Madrugadores (con ou sen almorzo): a partir das 08.30 h
  • Comedor: desde as 14.00 h ata as 15.30 h (podendo saír desde as 15.00 h.)

Condicións do programa

Poderanse solicitar ata 5 quendas por orde de preferencia, adxudicándose un máximo de 2 quendas con carácter ordinario. En caso de vacantes, poderanse adxudicar as quendas restantes solicitadas se houbese prazas vacantes e sempre por orde de preferencia.

A adxudicación realizarase en función das dúas primeiras letras do primeiro apelido que resultasen elixidas no sorteo. A partir de aí ordenaranse os/as solicitantes alfabeticamente: apelido 1- apelido 2- nome.

Quendas:

  • 1º Quenda: do 26 de xuño ao 30 de xuño
  • 2º Quenda: do 3 ao 7 de xullo
  • 3º Quenda: do 10 ao 14 de xullo
  • 4ª Quenda: do 17 ao 21 de xullo
  • 5º Quenda: do 24 ao 28 de xullo

Centros onde se oferta:

  • CEIP Alborada
  • CEIP Juan Fernández Latorre
  • CEIP Manuel Murguía
  • CEIP María Barbeito
  • CEIP San Francisco Javier
  • CEIP San Pedro de Visma
  • CEIP Torre de Hércules
  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez

MÁIS INFORMACIÓN

Campamentos de Verán 2023

Cando:

Horario: de luns a venres en horario de mañá. Os días festivos non haberá campamento.

Inscricións:

Dende o 22/05/2023 ata o 24/05/2023

Inscricións aquí

Contacto:

Federación Provincial ANPA de centros públicos

Rúa Orzán, 21 - 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Documentos relacionados

  • Programación da Federación das ANPA de centros públicos curso 22-23 (1 MB)
  • Proposta de Lecer educativo Anpas 2022-23 (1 MB)
  • díptico campacoles navidad 2022-2023 (835 KB)
  • proposta campacoles nadal 2022-2023 (227 KB)
  • Cartel Campacoles (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión