Concello da Coruña

Concello da Coruña

Chorus - Concerto pola Paz 2027 (en horario escolar)

O programa "Chorus" é un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís/xuvenís de nenas e nenos.

Iniciouse no curso 2025/2026 nos centros educativos e desenvolveuse en horario lectivo, cunha ampla participación e a implicación de centros escolares e formacións musicais de referencia.

Nesta nova edición, incorpora a colaboración da Federación Provincial de ANPA e intégrase nas actividades extraescolares para facilitar a participación das nenas e nenos interesados.

O programa está baixo a coordinación de Fernando Briones, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e director titular da Orquestra e do coro GAOS.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Concertado, Privado, Público

A quen vai dirixido?:

Profesorado de música e alumnado con idades entre os 8 e os 14 anos. Con todo, poderanse crear grupos mixtos (de 14 a 17 anos).

Obxecto:

Promover a aprendizaxe do canto coral en nenas e nenos a través dunha experiencia participativa que desenvolva a escoita, a expresión musical e o traballo en equipo, e que culminará nun gran concerto no Coliseum da Coruña e nun concerto final para familias.

Chorus é un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís.

Iniciouse no curso 2025/2026 cun grande éxito de participación. Nesa edición, realizouse soamente nos colexios, en horario lectivo. Ademais, fixéronse ensaios conxuntos dos colexios participantes no Conservatorio Superior de Música e no Conservatorio Profesional de Música, así como no Pazo da Ópera e no Coliseum. O programa concluíu no Coliseum, cun concerto diante de 7.000 persoas espectadoras, o día 11 de xaneiro de 2026.

Participaron 12 colexios, 550 coralistas, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Nova Orquestra de Galicia, o Coro GAOS e Mini GAOS e o Coro da Nova Orquestra.

O programa realízase baixo a supervisión do Concello da Coruña e coa coordinación de Fernando Briones.

Nesta edición (curso 2026/2027), colabórase cos colexios e IES, así como coa Federación Provincial de ANPA, e introdúcese o programa nas actividades extraescolares co fin de facilitar a participación dos nenos e nenas que así o desexen. Por tanto, a formación dos coros realizarase tanto nas aulas como nas actividades extraescolares.

Seminarios dirixidos ao profesorado

CHORUS ofrece un seminarios intercentros de dirección coral infantil dirixido ao profesorado de música dos centros educativos, de 44 horas de duración, impartido por Fernando Briones e Elena Rosso.

Fernando Briones é catedrático de dirección do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Elena Rosso é titulada superior en piano e música de cámara. Especialista en coro infantil con numerosos premios nacionais e internacionais.

A formación será totalmente gratuíta para o profesorado participante en CHORUS. Realizarase nun centro de ensino da cidade da Coruña.

No curso 2026/2027 duplicamos as horas de formación do profesorado, chegando a 44 horas en total.

A formación inclúe:

  1. Sesión inicial dirixida exclusivamente ao profesorado de música. Realizarase os días 8 e 9 de outubro de 2026, en horario de 16.30 a 20.30 horas.
  2. Sesións preparatorias de canto coral destinadas a profesorado e alumnado, de 1,5 horas de duración cada sesión (dentro do horario de 10.00 a 14.00 horas, distribuído por grupos): 17 de outubro de 2026, 7 de novembro de 2026, 28 novembro de 2026, 12 decembro de 2026, 23 de xaneiro de 2027, 6 de marzo de 2027, 3 de abril de 2027, 15 de maio de 2027. Total: 12 horas. Formación á fronte de Fernando Briones, xunto cun equipo coordinado por el.
  3. Accións formativas dirixidas ao profesorado e ao alumnado, impartidas por Elena Rosso os días 3 e 4 de abril de 2027 e 15 e 16 de maio de 2027. Total: 24 horas. O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
  4. Ensaios nos propios centros de ensino (horario lectivo) á fronte do profesorado de música, coordinados por Fernando Briones.
  5. E a participación en dous concertos: Coliseum e Pazo da Ópera. Concertos abertos ao público familiar onde os/as menores estarán acompañados pola OSG, Xoven OSG, Coro Xoven OSG, coro GAOS, Xoven GAOS e Mini GAOS. O concerto terá un chamamento pola Paz e será de carácter solidario (recollida de material escolar para a Escola Coruña de Senegal)

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 01/09/2026 ata o 30/09/2026

Colexios interesados: inscrición do 1 ao 18 de setembro de 2026, enviando un correo electrónico a educacion@coruna.gal en que manifesten o seu interese en participaren no programa.

Alumnado dos colexios interesados: do 21 ao 30 de setembro de 2026. Enviaráselles a ficha aos centros interesados.

Centros participantes

Aceptaranse todas as inscricións dos colexios da cidade. Tamén se aceptarán colexios da área metropolitana, coa condición de que existan prazas vacantes.

O límite máximo de prazas no coro é de 2.500.

En todo caso, garántese a participación dos centros que xa participaron o curso pasado, con independencia do lugar onde estea localizado o centro de ensino.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext., 10125

Organiza:

A coordinación do programa corre a cargo da Concellería de Educación e de Fernando Briones (profesor do Conservatorio Superior de Música, director titular da Orquestra e do coro GAOS e creador do musical Lúa, entre outros méritos).

Máis información:

Resumo do concerto da edición de 2026: https://www.youtube.com/watch?v=GNWVR3a1ubc

Concerto íntegro da edición de 2026: https://www.youtube.com/watch?v=G6x8aEdpxSg

Documentos relacionados

  • Dossier Chorus 2026/2027 (Colexios e IES) (287 KB)
  • Chorus 2027 - Autorización para o uso da imaxe (404 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión