Terceira edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...
Só da Coruña
Educación
Outras
Público, Concertado
Alumnado de 5.º e 6.º de primaria e de ESO.
Cada centro poderá inscribir, como máximo, tres equipos por curso e seis equipos entre todas as idades. Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.
Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria.
Gratuíto
"Cinema na escola" busca achegarlle esta disciplina artística á xente máis nova, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.
O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en verdadeiro/a protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, e expresar emocións e contar historias.
Os centros que soliciten participar recibirán un módulo de formación orientado ao profesorado que coordine a actividade, acceso a material exclusivo "videotitoriais" e acceso directo ao equipo técnico para resolver dúbidas ao longo de toda a fase creativa.
O módulo de formación constará de dúas sesións de 90 minutos en liña, onde se abordarán aspectos como: a idea, a sinopse, o guión literario, técnicas de gravación, o casting, ensaios, rodaxe, edición e montaxe...
Unha vez terminada a fase de formación, os equipos poderán comezar o traballo de guionización, gravación, edición e montaxe final das curtametraxes.
Os premios que se van conceder en cada categoría, 1.º e 2.º premios, son os seguintes:
Tamén 3 mencións: valores, comedia e esforzo, para favorecer que todos os centros poidan sentirse protagonistas nas galas finais.
E, ademais, un premio do público para a curtametraxe máis valorada en redes sociais; que se poderá visualizar na nosa canle de Youtube.
Na edición 2023/24 haberá dúas galas finais, os días 2 (categoría e E. primaria) e 7 de maio (categoría ESO) no Ágora, de presentación dos traballos realizados e a entrega de premios.
Dende o 15/09/2023 ata o 07/05/2024
Xa rematou
Dende o 15/09/2023 ata o 25/10/2023
Fichas de inscrición:
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext. 10259
Persoal encargado da realización do programa:
Alumnado de 5.º e 6.º de primaria e de ESO, de centros educativos da cidade da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible