"Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual ás e aos máis novos, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías nos facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.
Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para elaborarmos unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...
Só da Coruña
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado e profesorado de grupos de 5.º e 6.º de EP, ESO e FP básica de centros educativos do municipio da Coruña
Preferentemente en horario escolar pero poderá valorarse realizalo en horario extraescolar.
Gratuíto
Este programa persegue o achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías a través de ferramentas didácticas e experimentais fomentando o traballo en equipo, a creatividade e o manexo das tecnoloxías.
Esta experiencia incide na formación na aula e impulsa a aprendizaxe en valores en relación con:
O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en o verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias.
Requisitos
Organización do programa
O programa consta de:
Talleres formativos
levará a cabo un programa formativo específico para cada grupo de alumnado e profesorado participante para que poidan traballar na aula a creación dunha curtametraxe sobre un tema libremente decidido polo grupo; na que se abordarán aspectos relacionados coa creación e produción audiovisual.
Fases
Ao longo deste proceso, a empresa organizadora asignará a unha acode especialista na materia que estará dispoñible para resolver dúbidas e axudar de maneira telemática e/ou presencial aos grupos participantes.
A empresa organizadora, en coordinación co SME, establecerá os períodos formativos, de acordo cos centros educativos participantes.
CELEBRACIÓN DO CONCURSO
Entrega de curtametraxes
Unha vez materializado o produto final, os grupos participantes deberán envialo á empresa organizadora do programa, para a súa custodia e posterior publicación na conta oficial en Youtube do SME. A data límite de entrega será o 30 de abril de 2027
Para a valoración das curtametraxes presentadas, do mesmo xeito que en edicións anteriores, designarase un xurado composto por, polo menos, 3 membros especialistas na materia, actuando como secretario/a un/a técnico/a de o Servizo Municipal de Educación, que levantará acta do desenvolvemento e conclusións do fallo, podendo quedar deserto algún premio.
O xurado visionará as curtametraxes presentadas polos grupos das dúas categorías, educación primaria e educación secundaria, para a súa valoración, propoñendo unha selección de proxectos finalistas para cada un dos premios propostos. O xurado facilitará en sobres lacrados o nome da curtametraxe gañadora de cada un dos premios do concurso en ambas as categorías. O premio para cada un dos grupos premiados consistirá en galardóns e figuras.
Premios
Os premios propostos por cada categoría serán os seguintes:
Na etapa educativa de Educación Primaria, o valor pedagóxico do programa está moito máis relacionado co proceso vivido, a participación, o traballo en equipo, a creatividade ou a superación de dificultades que coa excelencia técnica final. Por este motivo, o xurado poderá reformular parte dos premios técnicos, potenciando os máis vinculados aos valores educativos e humanos do proxecto, por exemplo: Curtametraxe máis divertida, Premio ao esforzo, Premio aos valores, Premio á creatividade, Premio ao traballo en equipo...
A proposta de premios poderá verse ampliada, con mencións especiais, en función do número de grupos participantes.
Premio da público - votación popular
Para outorgar o premio do público (mellor curtametraxe por votación popular), poderanse visualizar os curtos presentados na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.
Para determinar os curtos gañadores do premio do público teranse en conta as estatísticas de reproducións, likes e retencións (porcentaxe de tempo visto) durante a semana anterior ás galas.
Gala Final
Os premios serán entregados nunha Gala Final por cada categoríad, na que serán proyectaods fragmentos dos curtos finalistas, desvelados os grupos gañadores e entregados os premios correspondentes. As galas celebraranse no Centro Sociocultural Ágora, os días 19 (primaria) e 20 (ESO) de maio de 2027 (datas por confirmar).
En ambas as galas contaremos coaprese ncia do Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez, que entregará varios premios.
Dende o 02/11/2026 ata o 20/05/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria/FP.
Cada centro poderá inscribir, como máximo, dous equipos por categoría.
Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.
A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros. É dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro; e sempre tendo en conta que a participación de centros privados non concertados non poderá superar, en ningún caso, nin o 10% do total dos centros participantes nin o 15% do total dos grupos participantes.
DELOGA
Tel.: 605 519 052 (Eva Garaval)
programacinemanaescola@gmail.com
Servizo Municipal de Educación
Tel: 981 184 200, ext. 10127
A empresa Desenvolvemento Local Galego (DELOGA) terá a Eva Garaval en funcións de coordinación e produción do programa e a Hugh McGinley como responsable de formación e asesoramento técnico e creativo.
Servizo Municipal de Educación
Tel: 981 184 200 ext 10127
educacion@coruna.gal
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible