Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinema na Escola 2026-27

"Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual ás e aos máis novos, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías nos facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para elaborarmos unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado e profesorado de grupos de 5.º e 6.º de EP, ESO e FP básica de centros educativos do municipio da Coruña

Horario:

Preferentemente en horario escolar pero poderá valorarse realizalo en horario extraescolar.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Este programa persegue o achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías a través de ferramentas didácticas e experimentais fomentando o traballo en equipo, a creatividade e o manexo das tecnoloxías.

Esta experiencia incide na formación na aula e impulsa a aprendizaxe en valores en relación con:

  • Os conceptos: mediante a análise da expresión en todas as súas vertentes: visual, cinematográfica e xestual.
  • Os procedementos: traballo en equipo, esforzo individual, diálogo e o traballo coas novas tecnoloxías cinematográficas (rodaxe, montaxe, técnicas cinematográficas etc.)
  • As actitudes: cooperación na aprendizaxe, expresión de emocións, empatía, capacidade de acordos, responsabilidade e desenvolvemento da creatividade.

O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en o verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias.

Requisitos

  • A elaboración da curtametraxe polo alumnado participante realizarase utilizando o apoio e as ferramentas técnicas do equipo técnico e coordinador do programa
  • As curtametraxes terán que ser en lingua galega e deben entregarse no mes de abril.

Organización do programa

O programa consta de:

  • Talleres formativos presenciais e acompañamento durante todo o programa co obxectivo de proporcionar ferramentas ao alumnado e profesorado para poder elaborar unha curtametraxe e garantir o éxito do proceso
  • Celebración do concurso: a presentación das curtametraxes farase nunha gala final nas que un xurado cualificado elixirá os curtos gañadores nas distintas categorías.

Talleres formativos

levará a cabo un programa formativo específico para cada grupo de alumnado e profesorado participante para que poidan traballar na aula a creación dunha curtametraxe sobre un tema libremente decidido polo grupo; na que se abordarán aspectos relacionados coa creación e produción audiovisual.

Fases

  1. A formación inicial constará dun mínimo de 2 sesións de 90 minutos cada unha, no horario para determinar cos centros participantes.
  2. Terminada a fase de formación, proporcionarase seguimento e acompañamento aos grupos durante os traballos de guionización, gravación, edición e montaxe final das curtametraxes. A estimación do número de horas destinado a este acompañamento individualizado será de 5 horas por grupo.

Ao longo deste proceso, a empresa organizadora asignará a unha acode especialista na materia que estará dispoñible para resolver dúbidas e axudar de maneira telemática e/ou presencial aos grupos participantes.

A empresa organizadora, en coordinación co SME, establecerá os períodos formativos, de acordo cos centros educativos participantes.

CELEBRACIÓN DO CONCURSO

Entrega de curtametraxes

Unha vez materializado o produto final, os grupos participantes deberán envialo á empresa organizadora do programa, para a súa custodia e posterior publicación na conta oficial en Youtube do SME. A data límite de entrega será o 30 de abril de 2027

Para a valoración das curtametraxes presentadas, do mesmo xeito que en edicións anteriores, designarase un xurado composto por, polo menos, 3 membros especialistas na materia, actuando como secretario/a un/a técnico/a de o Servizo Municipal de Educación, que levantará acta do desenvolvemento e conclusións do fallo, podendo quedar deserto algún premio.

O xurado visionará as curtametraxes presentadas polos grupos das dúas categorías, educación primaria e educación secundaria, para a súa valoración, propoñendo unha selección de proxectos finalistas para cada un dos premios propostos. O xurado facilitará en sobres lacrados o nome da curtametraxe gañadora de cada un dos premios do concurso en ambas as categorías. O premio para cada un dos grupos premiados consistirá en galardóns e figuras.

Premios

Os premios propostos por cada categoría serán os seguintes:

  1. Mellor curtametraxe
  2. Mellor interpretación
  3. Mellor guion
  4. Mellor fotografía
  5. Mellores efectos visuais
  6. Mellor edición e montaxe
  7. Mellor edición de audio

Na etapa educativa de Educación Primaria, o valor pedagóxico do programa está moito máis relacionado co proceso vivido, a participación, o traballo en equipo, a creatividade ou a superación de dificultades que coa excelencia técnica final. Por este motivo, o xurado poderá reformular parte dos premios técnicos, potenciando os máis vinculados aos valores educativos e humanos do proxecto, por exemplo: Curtametraxe máis divertida, Premio ao esforzo, Premio aos valores, Premio á creatividade, Premio ao traballo en equipo...

A proposta de premios poderá verse ampliada, con mencións especiais, en función do número de grupos participantes.

Premio da público - votación popular

Para outorgar o premio do público (mellor curtametraxe por votación popular), poderanse visualizar os curtos presentados na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.

Para determinar os curtos gañadores do premio do público teranse en conta as estatísticas de reproducións, likes e retencións (porcentaxe de tempo visto) durante a semana anterior ás galas.

Gala Final

Os premios serán entregados nunha Gala Final por cada categoríad, na que serán proyectaods fragmentos dos curtos finalistas, desvelados os grupos gañadores e entregados os premios correspondentes. As galas celebraranse no Centro Sociocultural Ágora, os días 19 (primaria) e 20 (ESO) de maio de 2027 (datas por confirmar).

En ambas as galas contaremos coaprese ncia do Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez, que entregará varios premios.

Cando:

Dende o 02/11/2026 ata o 20/05/2027

  • Prazo de inscrición: do 15 setembro ao 15 de outubro de 2026.
  • Fase de formación: de novembro de 2026 a xaneiro de 2027.
  • Fase de seguimento e creación das curtametraxes: febreiro, marzo e abril de 2027.
  • Fase de entrega das curtametraxes: ata o 30 de abril, polas canles abertas para a ocasión.
  • Fase de deliberación do Xurado e votación popular: 1.ª quincena de maio.
  • Celebración das galas de entrega de premios:
    • Para os centros de primaria: mércores 19 de maio (por confirmar), no Centro Ágora.
    • Para os centros de ESO: xoves 20 de maio, (por confirmar), no Centro Ágora.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria/FP.

Cada centro poderá inscribir, como máximo, dous equipos por categoría.

Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.

A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros. É dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro; e sempre tendo en conta que a participación de centros privados non concertados non poderá superar, en ningún caso, nin o 10% do total dos centros participantes nin o 15% do total dos grupos participantes.

Contacto:

DELOGA

Tel.: 605 519 052 (Eva Garaval)

programacinemanaescola@gmail.com

Servizo Municipal de Educación

Tel: 981 184 200, ext. 10127

educacion@coruna.gal

Requisitos:

  • Deberase acadar un número mínimo de 10 centros participantes, dos que cando menos o 90% deberán ser públicos ou concertados; o número máximo de grupos participantes non poderá superar os 30 nin ser inferior a 10 e os grupos procedentes de centros privados non concertados non poderán superar o 15% do total dos grupos participantes.
  • De non alcanzar estes mínimos requiridos de centros ou grupos, o programa non se desenvolverá.

Recursos humanos:

A empresa Desenvolvemento Local Galego (DELOGA) terá a Eva Garaval en funcións de coordinación e produción do programa e a Hugh McGinley como responsable de formación e asesoramento técnico e creativo.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Tel: 981 184 200 ext 10127

educacion@coruna.gal

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión