"Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual ás e aos máis novos, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías nos facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.
Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para elaborarmos unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...
Só da Coruña
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado e profesorado de grupos de 5.º e 6.º de EP, ESO e FP básica de centros educativos do municipio da Coruña
Preferentemente en horario escolar pero poderá valorarse realizalo en horario extraescolar.
Gratuíto
Este programa persegue o achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías a través de ferramentas didácticas e experimentais fomentando o traballo en equipo, a creatividade e o manexo das tecnoloxías.
Esta experiencia incide na formación na aula e impulsa a aprendizaxe en valores en relación con:
O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a no/a verdadeiro/a protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de potenciar os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias.
Requisitos
Organización do programa
O programa consta de:
Obradoiros formativos
Levarase a cabo unha formación específica para o profesorado para os efectos de que poidan traballar na aula a creación dunha curtametraxe sobre un tema libremente decidido polo alumnado; nela abordaranse aspectos relacionados coa creación e coa produción audiovisual.
Ao longo deste proceso, a empresa organizadora deberá asignar unha persoa especialista na materia, que estará dispoñible para resolver calquera dúbida e axudar de maneira telemática os grupos participantes.
A empresa organizadora, en coordinación co SME, establecerá os períodos formativos, de acordo cos centros educativos participantes.
Entrega e valoración de curtametraxes
Unha vez materializado o produto final, as curtametraxes deberanse subir á plataforma Youtube, usando a conta Gmail do colexio ou creando unha específica para tal fin, no enderezo facilitado, e enviando a ligazón correspondente ao correo proporcionado pola empresa organizadora, ata o 30 de abril.
Para a valoración das curtametraxes presentadas, designarase un xurado composto por, cando menos, 3 membros especialistas na materia. Actuará como secretario/a un/unha técnico/a do Servizo Municipal de Educación, que redactará a acta do desenvolvemento e conclusións do veredicto. Poderá quedar deserto algún premio.
O xurado verá as curtametraxes presentadas para valoralas e proporá unha selección de catro proxectos finalistas como candidatos de cada un dos premios propostos, nas 2 categorías: primaria e secundaria. O xurado facilitará en sobres lacrados o nome da curtametraxe gañadora de cada un dos premios do concurso en ambas as categorías.
Premios
Os premios propostos por cada categoría serán os seguintes:
Na etapa educativa de educación primaria, o valor pedagóxico do programa está moito máis relacionado co proceso vivido, a participación, o traballo en equipo, a creatividade ou a superación de dificultades que coa excelencia técnica final. Por este motivo, o Xurado poderá reformular parte dos premios técnicos e potenciar os máis vinculados aos valores educativos e humanos do proxecto, por exemplo: Curtametraxe máis Divertida, Premio ao Esforzo, Premio aos Valores, Premio á Creatividade, Premio ao Traballo en Equipo...
A proposta de premios poderá verse ampliada (por exemplo, 1.º e 2.º premios de cada categoría ou mencións especiais), en función do número de grupos participantes.
O premio para cada un dos grupos premiados consistirá en galardóns e figuras.
Premio do Público - votación popular
Para outorgar o Premio do Público (Mellor Curtametraxe por votación popular), poderanse ver as curtas presentadas na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.
Para determinar as curtos gañadoras do Premio do Público, teranse en conta as estatísticas de reproducións, gústames e retencións (porcentaxe de tempo visto) durante a semana anterior ás galas.
Gala final
O Xurado proporá unha selección dos proxectos finalistas como candidatos a cada un dos premios propostos.
Os premios serán entregados nunha Gala final por cada categoría. As galas realizaranse no Centro Sociocultural Ágora, os días 19 (primaria) e 20 (ESO) de maio de 2027 (datas por confirmar). Nestas serán proxectados fragmentos das curtas finalistas, desvelados os grupos gañadores e entregados os premios correspondentes.
En ambas as galas, contaremos coa presenza do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez, que entregará varios premios.
Dende o 02/11/2026 ata o 20/05/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria/FP.
Cada centro poderá inscribir, como máximo, dous equipos por categoría.
Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.
A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros. É dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro; e sempre tendo en conta que a participación de centros privados non concertados non poderá superar, en ningún caso, nin o 10% do total dos centros participantes nin o 15% do total dos grupos participantes.
DELOGA
Tel.: 605 519 052 (Eva Garaval)
programacinemanaescola@gmail.com
Servizo Municipal de Educación
Tel: 981 184 200, ext. 10127
A empresa Desenvolvemento Local Galego (DELOGA) terá a Eva Garaval en funcións de coordinación e produción do programa e a Hugh McGinley como responsable de formación e asesoramento técnico e creativo.
Servizo Municipal de Educación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible