Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O concurso de creatividade "postal de Nadal" trátase dun concurso de debuxo sobre o Nadal, que ten como obxectivo mostrar a creatividade das nosas nenas e nenos durante estas festas.
O debuxo gañador será utilizado pola Alcaldesa da cidade para felicitar o Nadal a todos os coruñeses e todas as coruñesas.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Outras
Titularidade do centro:
Público
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos CEIP da cidade.
Aspectos a ter en conta
O máis importante é que os debuxos sexan feitos polos propios nenos/as. Non vale a axuda de pais, nais ou outra persoa adulta.
Todos os debuxos teñen que ser en cartolina de tamaño A4 con fondo branco e con cores. Non pode haber ningún tipo de adhesivo, relevo nin brillantina.
Entregarase xunto cun sobre onde figure a folla de autorización para participar no concurso.
Non debe vir ningún nome no propio debuxo.
Premios
O colexio gañador recibirá un agasallo moi especial: unha actuación musical ou teatral sorpresa para que todas e todos gocen no cole o último día antes das vacacións de Nadal.
Os/as nenos/as gañadores terán varios agasallos especiais:
O/a neno/a cuxo debuxo sexa elixido como Postal de Nadal 2026 do Concello da Coruña poderá coñecer aos Reis Meigos de Oriente e á Alcaldesa o día 5 de xaneiro de 2027 no Palacio Municipal de María Pita . Virá acompañado/a de os seus familiares. Ademais, recibirá un agasallo sorpresa.
A clase do neno/a gañador/a, poderá participar como figurante na Cabalgata dos Reis Meigos o día 5 de xaneiro de 2027. Reservaremos un tren para todo o grupo.
Farase un sorteo de 10 agasallos entre todos os debuxos seleccionados polos colexios e entregados ao Concello. Os agasallos serán elixidos pola Concellería de Educación.
Cando:
De outubro a xaneiro.
Selección das postais: 22 de novembro.
Inscricións:
Dende o 20/10/2026 ata o 14/11/2026
A inscrición realizarase do 20 de outubro ao 14 de novembro a través dos centros educativos, presentando os colexios os debuxos seleccionados ao Servizo Municipal de Educación do Concello ou a través da conserjería do centro.
Os centros de liña 1 (1 grupo por curso) poderán presentar un máximo de 2 debuxos, os de liña 2 un máximo de 4 e os de liña 3 un máximo de 6 debuxos.
No caso de que sexan moitos/as os/as nenos e nenas que queiran participar, o ideal é que as/os propias/vos alumnas/fáganvos un pequeno proceso de selección interna para elixir os mellores debuxos.
Organiza:
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200
educacion@coruna.gal
Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible