Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar nun concurso a nivel autonómico.
Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora, así como de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e programación con Droneblocks do dron Tello.
Abordaranse as posibilidades e limitacións para o voo de drons. As súas características e manexo, así como a forma de accionar e controlar un dron desde un computador ou dispositivo móbil. Realizarase a programación de drons utilizando Droneblocks, que está baseado en Scratch (linguaxe de programación a través de bloques, creado polo MIT).
De calquera concello
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado dos seguintes niveis, agrupados en dúas categorías:
Teñen preferencia os centros inscritos no "Taller e Concurso de Robótica" ( Obradoiro e concurso galego de robótica "A maxia da robótica" 2026-2027 ).
As datas de realización serán o 27 e 28 de outubro.
A sesións desenvolveranse en dúas quendas: de 16.45 a 18.00 h.
Gratuíto.
Concederanse tres premios de 100 €, un por cada categoría e outro ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.
Un centro non poderá levar máis dun premio. O grupo de alumnos/as concursará pola categoría máis alta, se no mesmo equipo os participantes son de distinta categoría.
A data de entrega de premios está por determinar. Realizarase conxuntamente coa entrega de premios do concurso de Robótica ( Obradoiro e concurso galego de robótica "A maxia da robótica" 2026-2027 ).
A actividade realizarase nun lugar aínda por determinar.
Dende o 28/10/2026 ata o 29/10/2026
O programa levarase a cabo os días 28 e 29 de outubro, en dúas quendas: de 16.45 a 18.00 horas.
A actividade terá lugar nun centro aínda por determinar.
Dende o 21/09/2026 ata o 09/10/2026
Os centros participantes deberán anotarse a través da ficha de solicitude de IGACIENCIA (desde o 21 de setembro ata o 9 de outubro).
Prazos de inscrición na ficha de IGACIENCIA:
IGACIENCIA
Inés Ben
Servizo Municipal de Educación
Tel. 981 184 200 ext. 10911
Os equipos estarán formados por 3 membros.
Non é precisa unha formación previa pero solicitarase que se visualice previamente o seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=KqZe2QPYDxg
IGACIENCIA
Rúa Mª Victoria Fdez-España y Fdez-Latorre 2. 15002 A Coruña
Programas relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible