O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do concello.
Só da Coruña
Participación
Outras
Público, Concertado
Alumnado de 5º e 6º de EP dos centros públicos e concertados da Coruña.
Gratuíto.
O obxectivo último deste programa é a activación do CLIAC, un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións ao redor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.
Como pasos previos á constitución deste órgano, é preciso realizar un traballo previo co alumnado, tanto nas aulas como fose. Este traballo será liderado polo profesorado de 5º e 6º de EP (podendo ter continuidade algún menor que pase a Bacharelato), que se apoiará nunha guía didáctica para o traballo na aula e compartirá co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenos e nenas comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia na cidade.
Con este grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse sesións formativas, charlas e visitas en horario extraescolar, preparándoos para a participación no CLIAC.
Actualmente, as persoas que participan no CLIAC son 45 nenos/as que cursan os seus estudos en trece centros educativos:
Ademais, algúns /as participantes do CLIAC forman parte actualmente do Consello Autonómico de infancia e do Consello Asesor de Infancia de UNICEF, entidades coas que colaboramos activamente, especialmente no Día da infancia (20/11/2025), coa celebración dun pleno extraordinario conmemorativo dese día.
O pleno do CLIAC adóitase celebrar a finais de xuño, ás 17:00 h., no Salón de Plenos municipal do Concello da Coruña.
Elaboración dun manifesto con motivo do 8M
Como parte da programación do Concello da Coruña con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres, as e os representantes do Consello Local da Infancia da Coruña redactaron un manifesto no que avogan por un "futuro no que a igualdade sexa real e no que todas as persoas poidan vivir con liberdade e respecto".
O manifesto está publicado para a súa consulta na sección de Documentos"relacionados" desta mesma páxina. Ademais, publicouse na canle de YouTube do Servizo Municipal de Educación un vídeo coa lectura do manifesto por parte dos nenos e nenas do CLIAC, que se pode ver a través da seguinte ligazón: https://youtu.be/IGheR4O-30
Durante o curso escolar.
Datas por determinar.
Dossier da actividade e guía para o traballo autónomo na aula para o profesorado
Se queres coñecer máis sobre este proceso podes ver o seguinte vídeo.
Na canle de YouTube do Servizo Municipal de Educación están dispoñibles os vídeos deste programa.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible