Concello da Coruña

Concello da Coruña

Converxencias, arte e ciencia 2027. Exposición Escher

A exposición Converxencias, arte e ciencia: Escher, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Preferentemente, alumnado de ESO, BACH e FP de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Horario:

Visitas e talleres para os centros educativos, de dúas horas de duración. Horarios:

  • De 09:15 a 11:15
  • De 10:35 a 12:35
  • De 12:15 a 14:00

Parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 16:00 a 21:00 h.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento o compoñente didáctico e divulgativo para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) nas aulas. Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os aspectos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras. Para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

Nesta ocasión o núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher, especialmente a realizada a partir de 1937.

Escher é un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un símbolo da relación entre a arte e a ciencia.

Estrutura e composición da proposta para 2027:

  • Presentación con animacións, que enmarca e expón paso a paso como se chega, a partir duns determinados elementos, á produción final que se mostra nas reproducións da obra de Escher.
  • Parte expositiva: láminas que permiten admirar as obras mestras de Escher, as máis coñecidas e enigmáticas, que mostran a súa capacidade de xerar imaxes con impresionantes efectos de ilusións ópticas. Os mundos paralelos, a metamorfose espazo-tempo, a procura do infinito no plano, as construcións imposibles... iso, e máis, forma parte do universo de Escher.
  • Talleres: en función das características do grupo, desenvólvense algúns dos seguintes talleres para implementar a parte expositiva:
    • Teselar con polígonos. Xogando co polidrón.
    • Crear e interpretar mosaicos: descifrando o código, xogando coa xeometría. Xogo da Alhambra, pavimentacións tipo Escher, de Penrose...
    • Tramas e ilusións ópticas.
    • Banda de Möebius.
    • Construción de caleidociclos. Arte en movemento.
    • Elaboración de caixas con mosaicos de Escher
  • Actividades de lapis e papel que axudan a mirar "" a obra de arte e a relacionala coas matemáticas.
  • A publicación Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte, en tanto que complemento da exposición, pretende contribuír a un maior aproveitamento e goce da obra de Escher. Será entregado un exemplar a cada grupo participante.

Cando:

Dende o 25/01/2027 ata o 27/01/2027

As datas poden sufrir modificacións por temas de organización.

Inscricións:

Dende o 14/12/2026 ata o 12/01/2027

Ficha de solicitude específica:

Realizarase a través dun formulario na web http://www.igaciencia.eu

  • Prazo de inscrición para os centros educativos do Concello da Coruña (un grupo por centro): Do 14/12/2026 ás 10.00 h. ao 17/12/2026 ás 14.00h.
  • Prazo de inscrición para os centros educativos doutros concellos (un grupo por centro): Do 18/12/2026 ás 10.00h ao 12/01/2027 ás 14.00h.
  • No caso de que non se cubran todos os grupos, os centros de calquera concello poden inscribir un segundo grupo: do 13/01/2027 ás 10.00h. ao 19/01/2027 ás 14.00h.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200, ext. 10911

educacion@coruna.gal

Requisitos:

  • Un máximo de 40 alumnos/as por sesión.
  • Un grupo por centro, acompañado por docentes. Se quedaren prazas libres, un segundo grupo por centro.

Organiza:

Igaciencia e Servizo Municipal de Educación

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión