Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cóxegas 2021-2022

O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP de centros públicos (CEIP) da cidade.

Horario:

Todos estes centros desenvolven a actividade de luns a venres de 16 a 18 h. fóra de:

- CEE Ntra Sra. do Rosario que ten horario de 15 a 17 h.

- CEIP ZALAETA: que só ten actividade de luns a xoves e en horario de 16 a 17 h.

Prezo / Custo:

15 € por cada período.

Obxecto:

Programa que ten como obxectivos principais, por unha banda, favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade de nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas a cada idade e, por outro, afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia. E ofrecer unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.

A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer Educativo e Deporte no Centro que se realizan nos CEIPs da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixar aos seus fillos e fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.

Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes (así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica etc.) baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual.

Cando:

Dende o 09/09/2021 ata o 22/06/2022

Desde o 09/09/2021 ata o 22/06/2022

1º período: do 9 ao 30 de setembro de 2021.

2º período: do 1 ao 22 de xuño de 2022.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/09/2021 ata o 09/05/2022

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

Inscrición en liña na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Prazo:

Período setembro: a partir de 1 de setembro de 2021.

Período xuño: do 3 ao 9 de maio de 2022.

Contacto:

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200 ext: 12047

Fax: 981 184 370

Requisitos:

Precísase un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupos.

Os centros asignarán os espazos necesarios para o desenvolvemento do programa.

Documentos relacionados

  • Programas de Lecer Educativo das ANPA 2021-22 (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión