Visita aos colexios dun xogador do Hóckey Club Liceo.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria dos centros da cidade.
Terán prioridade os centros públicos.
As visitas realizaranse en horario de mañá e terán unha duración aproximada de 1 hora.
Gratuíto
Dentro do calendario indicado (ver apartado "Cando"), os centros poderán solicitar a visita dun dos xogadores profesionais do Hockey Club Liceo.
O día e a hora da actividade fixarase de acordo á planificación e dispoñibilidade dos xogadores do Liceo Hóckey Club. A visita realizarase en horario de mañá, no propio centro. A duración aproximada é de 1 hora.
A visita poderase realizar nunha clase determinada ou no salón de actos, a elección do centro.
Na visita, ademais de recibir unha charla e falar co xogador, entregaranse postais asinadas polo xogador (ata un máximo de 600 por centro).
Dende o 13/10/2026 ata o 18/12/2026
Semanas nas que se levará a cabo o programa:
O día e a hora da actividade fixarase de acordo á planificación e dispoñibilidade dos xogadores do Liceo Hóckey Club.
Dende o 15/09/2026 ata o 30/09/2026
Os colexios inscribiranse a través da ficha de Coruña Educa: ficha de solicitude.
No caso de que se exceda a demanda, terán preferencia os centros públicos.
Se o número de colexios públicos supera os 10, realizarase un sorteo.
Servizo Municipal de Educación, en colaboración co Hóckey Club Liceo
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible