Os talleres da área de dereitos das persoas consumidoras están orientados a que o alumnado coñeza a normativa básica en materia de consumo e aprenda a exercer os seus dereitos de forma efectiva. A través de actividades prácticas e participativas, abórdanse situacións reais relacionadas coa compra de bens e servizos, a atención ao consumidor e a resolución de conflitos.
Estas actividades contribúen ao desenvolvemento da competencia cidadá, a autonomía persoal e a participación responsable, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro.
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña.
Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo.
No caso de que as sesións do centro educativo sexan de menos de 60 minutos, cabe consultar a posibilidade de reservar dúas sesións consecutivas para a correcta realización da actividade.
Esta área ten como finalidade darlle a coñecer ao alumnado os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras, así como os mecanismos de protección existentes, fomentando unha actitude crítica, informada e responsable nas relacións de consumo.
A Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras (OMIC), dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo docente especializado no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.
Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis adecuadas ao desenvolvemento curricular correspondente.
Ademais, os talleres compleméntanse con charlas para o equipo docente e familias. Deste xeito, toda a comunidade educativa pode formar parte do proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.
Duración e localización
Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.
No caso de que as sesións do centro educativo sexan de menos de 60 minutos consultar a posibilidade de reservar dúas sesións consecutivas para a correcta realización da actividade.
Os talleres poderán levarse a cabo nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (rúa costa da Palloza, 8)
Condicións do programa
Talleres da área de dereitos e deberes das persoas consumidoras
Dende o 01/10/2026 ata o 18/06/2027
Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: rúa da costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Tel. 981 18 98 20
Coordinadora do programa: Lidia Mª Blanco Iglesias
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible