O Concello da Coruña súmase á celebración do Día Internacional do Xogo cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade.
O Día Internacional do Xogo é unha xornada proclamada oficialmente pola ONU (https://www.un.org/es/observances/international-day-of-play ), que se celebra anualmente o 11 de xuño, para destacar a importancia de preservar, promover e dar prioridade ao xogo para que todas as persoas, especialmente os nenos e as nenas, poidan cultivar os seus froitos e desenvolver todo o seu potencial.
Só da Coruña
Educación
Outras
Público
Alumnado de 2 a 3 anos das escolas que forman parte da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) e alumnado de EI e EP dos CEIP da cidade.
A xornada na praza de María Pita desenvolverase entre as 10.00 e as 12.00 horas e incluirá actividades simultáneas nos patios dos CEIP e das escolas infantís.
Gratuíto.
O evento central desenvolverase na praza de María Pita, que se pechará ao tráfico, e será o epicentro da celebración.
A praza transformarase de maneira temporal para acoller unha xornada lúdica como un gran escenario de xogo para o alumnado de 2 a 3 anos das escolas da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM). Desenvolveranse xogos e talleres deseñados especialmente para esta etapa educativa; a praza estará organizada en varias estacións temáticas, que contarán con persoal especializado para garantir unha experiencia segura e enriquecedora.
O alumnado estará en todo momento acompañado dos seus docentes, que respectarán as indicacións do persoal organizador.
O Servizo de Educación dispoñerá un servizo de autobuses gratuíto para as escolas para os seus desprazamentos á praza de María Pita .
A iniciativa está enmarcada na campaña global "Hora de Xogar", promovida pola Asociación Internacional de Cidades Educadoras, que ten como obxectivo poñer en valor o xogo como un dereito fundamental da infancia. A Coruña participará así nunha acción internacional que implicará a milleiros de nenos en máis de 50 cidades do mundo.
11/06/2026
Por determinar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible