Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falamos 2025-26

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de primaria dos centros públicos do Concello da Coruña

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Os obxectivos máis concretos do programa "Falamos" son os seguintes:

  • Promover e fomentar a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente como no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado da lingua galega.
  • Superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.
  • Procurar espazos de uso e de lecer en lingua galega que sexan de calidade para o alumnado dos centros de ensino da nosa cidade.

O Servizo de Normalización Lingüística ten establecidas, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzar na normalización social do galego. Entre estes atópase o programa "Falamos".

A actividade realizarase no auditorio do Centro Ágora para o alumnado e profesorado dos centros que a demanden, por orde de inscrición.

Falamos primaria:

Trátase dun percorrido pola historia do galego a través da música e en clave de humor, xunto a diversas reivindicacións, moitas risas e emocións.

Cando:

08/04/2026

Realizaranse dúas sesións: unha ás 10.00 e outra ás 12.00 horas.

Inscricións:

Dende o 17/03/2026 ata o 27/03/2026

Ficha de inscrición

Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude ata completar a capacidade do auditorio.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

Tel.: 981 184 200, exts. 34311, 34310, 34333

lingua@coruna.es

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión