Concello da Coruña

Concello da Coruña

Feira Matemática 2024-25

A XVIII edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e afondar na ensinanza-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Dirixida a alumnado dende Educación Infantil á Universidade, así como ao profesorado e a todo o público en xeral

Horario:

Das 11.00 ás 20.00 horas

Prezo / Custo:

Gratuíto

Desde o ano 2000 celébrase o 12 de maio como o Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona da Coruña, celebrámolo dunha forma especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema para o Día Escolar das Matemáticas do ano 2025 será "A maxia das matemáticas".

A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha feira na que, cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos e alumnas pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Cada grupo de participantes pode expoñer, vender ou comprar unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas entre as que considere oportuno. Cada centro dispoñerá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos, exposicións...

Podes ver toda a información sobre o programa no seguinte enderezo: Feira Matemática

Cando:

22/03/2025

A XVIII edición da Feira Matemática terá lugar o día 22 de marzo de 2025, en horario das 11.00 ás 20.00 horas, no Hall Proa de Palexco (Peirao de Transatlánticos s/n, A Coruña).

Xa rematou

Inscricións:

Toda a información publicarase na web da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA): https://agapema.org/

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

info@agapemacoruna.com

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10911

educacion@coruna.gal

Enderezo:

Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña

  • Feira Matemática 2024-25 - Galería de imaxes

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión