Programa de fomento e dinamización do galego na Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística
Só da Coruña
Normalización Lingüística
Complementaria
Público
Alumnado da REIM
Os obxectivos deste programa, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:
Co fin de conseguir estes fins propoñemos realizar:
Os espectáculos realizaranse nas propias EIM, entre febreiro e novembro de 2022. De cada actividade levará a cabo un pase por escola. Naquelas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Vos Rosales e Carricanta) levarán a cabo dous pases do espectáculo no canto dun.
"Derriba da lúa" é un espectáculo da compañía Rilo e Penadique, formada pola narradora oral Vero Rilo e a música de acordeóns Sonsoles Penadique. Este espectáculo conxuga a narración oral con contos e a música en directo de acordeón. A Lúa, o Sol, a Terra, un carballo, o niño dun paxaro... Cantar, contar, aprender e xogar para crecer libres.
O premiado músico coruñés dirixe os seus espectáculos ao público infantil e concretamente esta actividade adáptaa para os e as máis peques. Unha viaxe a través dos contos que ten a música como fío condutor. Temas e rutinas da primeira idade que se mesturan coas letras dos libros que conta en directo e a música que toca de frauta, guitarra ou harmónica, tamén en directo.
Félix Arias é profesor de música desde 2012 na EIM Monte Alto e desde 2015 na EIM Carmen Cervigón, ademais de en outros centros. Creou este espectáculo adaptando textos de escritores como Carlos Casares, Manuel María, María Victoria Moreno ou Xela Arias, cos que traballa a lingua galega a través da música en directo e dos instrumentos para interrelacionarse dunha maneira didáctica coas nenas e nenos. Realizará esta actividade nas outras dez escolas.
Inscrición a través de inscricionslingua@coruna.es
En https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e inscrición a través de inscricionslingua@coruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible