Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais 2025-26

O programa ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 0 a 3 anos da Rede de Escolas Infantís Municipais da Coruña

Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:

  1. Contribuír á galeguización de todos os niveis do sistema educativo e á dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.
  2. Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializarse, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.
  3. Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, e máis nun contexto tan castelanizado como na Coruña.
  4. Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, primordialmente lúdicos e didácticos, e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas criaturas.

Co fin de conseguir estes fins, propoñemos realizar as seguintes actividades:

Actividades no outono de 2025

  1. "A nena e os tres osos", de Migallas Teatro, proposta teatral con conto, cancións e monicreques
  2. "Levántante, Xan!", de Caxoto, proposta teatral con conto, cancións e monicreques
  3. "Arrolar", da Fundación Legar, proposta musical de cancións de berce con instrumentos de raíz

As actividades terán unha duración aproximada de 40 minutos e realizaranse nas propias EIM, ao longo do mes de novembro de 2025.

Actividades na primavera de 2026

  1. "O son que me arrola", da Asocoiación Socioeducativa Antonio Gandoy, unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos/ás máis pequenos/as a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación. Un espazo lúdico onde o alumnado pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: panderos, pandereitas, bombos... e outros construídos a partir de materiais de refugallo.

A actividade consta de dous partes: a primeira dedicada a escóitaa, que dura 20 minutos; a segunda parte dedicada á exploración e manipulación dos instrumentos.

Esta actividade durará 50 min aprox. e realizarase nas propias EIM, ao longo dos meses de marzo, abril e maio de 2026.

Realizaranse 11 pases de cada actividade:

  • Nas EIM Luís Seoane, Cativos, Monte Alto, A Caracola e Agra do Orzán desenvolverase un pase de cada actividade.
  • Nas EIM Arela, Os Rosales e Carricanta, que contan cun maior número de alumnado, levarán a cabo dous pases de cada actividade.

Cada entidade ou compañía que realizará as actividades contactará con cada escola para acordar as datas e horarios.

Cando:

Dende o 10/11/2025 ata o 29/05/2026

Inscricións:

Dende o 01/10/2025 ata o 15/04/2026

As compañías contactan directamente coas EIM para acordaren o calendario para realizar as actividades en cada escola.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

Tel.: 981 184 200, exts. 34311, 34310, 34333

lingua@coruna.gal

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Documentos relacionados

  • Calendario de actividades de Normalización lingüística nas EIM (2025/2026) (65 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión