Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais 2025-26
O programa ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Normalización Lingüística
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 0 a 3 anos da Rede de Escolas Infantís Municipais da Coruña.
Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:
Contribuír á galeguización de todos os niveis do sistema educativo e á dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.
Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializarse, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.
Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, e máis nun contexto tan castelanizado como na Coruña.
Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, primordialmente lúdicos e didácticos, e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas criaturas.
Co fin de conseguir estes fins, propoñemos realizar as seguintes actividades:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible