Concello da Coruña

Concello da Coruña

Free Style People School: prevención do acoso escolar 2026-27

Rimamos xunt@s pola convivencia, inclusión, respecto e diversidade.

Freestyle People School é un programa piloto que busca promover a convivencia positiva, a educación emocional e a prevención das violencias dixitais e de xénero nos centros educativos empregando as ferramentas do freestyle rap, a improvisación e as artes urbanas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP de centros públicos do municipio.

Participarán na actividade dous centros públicos.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Freestyle People School é un programa socioeducativo innovador que utiliza o freestyle rap, a improvisación e as artes urbanas como ferramentas para promover a convivencia positiva, a educación emocional, a inclusión e a prevención das diferentes formas de violencia entre iguais.

O programa está desenvolvido por Freestyle People, o primeiro grupo de freestyle inclusivo formado maioritariamente por mozos e mozas con discapacidade intelectual e outros mozos en situación de vulnerabilidade social, impulsado pola Asociación Poten100mos e Gallos del Norte.

A proposta pretende achegarlle aos centros educativos da Coruña unha metodoloxía próxima á mocidade, baseada na participación activa, na creación artística e na aprendizaxe entre iguais, abordando dúas das principais problemáticas detectadas actualmente nos centros educativos:

  • O ciberacoso e a violencia dixital.
  • A violencia de xénero e o acoso sexual entre adolescentes.

Programa

O programa divídese en 5 bloques:

  1. Presentación.
  2. Campaña "Rimando polo respecto dixital": prevención do ciberacoso e da violencia dixital.
  3. Decálogo de boas relacións e convivencia positiva: prevención da violencia de xénero e educación emocional.
  4. Freestyle, expresión artística e acción colectiva. Creación artística final por centro.
  5. "A Coruña rima contra as violencias". Encontro municipal de convivencia, inclusión e participación infantil.

Cronograma

O programa comeza en novembro cunha sesión por mes. Ata o mes de maio irase realizando unha sesión mensual agás nos meses de febreiro e abril, que haberá dous.

No mes de xuño celebrarase o encontro "A Coruña rima contra as violencias".

Condicións do programa

  • Poderán participar ata un máximo de 50 escolares por centro educativo.
  • As sesións terán unha duración de 50 minutos.
  • Os centros deben dispoñer dun espazo con capacidade suficiente para impartir as sesións.

Cando:

Realizaranse 10 sesións en cada centro entre os meses de novembro e de maio, xunto cunha xornada de encontro entre os centros no mes de xuño.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Cada centro poderá participar con ata dúas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria, cun máximo aproximado de 50 alumnos e alumnas.

Contacto:

FreeStyle People School e Poten100mos

info@poten100mos.org

Tel.: 625 126 235

Recursos humanos:

Freestyle People School desenvólveo a Asociación Poten100mos, unha ONG con máis de 10 anos de experiencia en proxectos de inclusión socioeducativos e comunitarios.

O equipo asignado a este proxecto combina experiencia en educación, inclusión social, intervención con persoas vulnerables e cultura freestyle.

A súa metodoloxía baséase na aprendizaxe entre iguais, polo que ás competencias técnicas do equipo profesional súmase a participación activa de 3 a 5 membros de Freestyle People como referentes positivos para o alumnado.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Máis información:

Espazo: as sesións poderán desenvolverse tanto en espazos exteriores, como patios ou zonas deportivas, como en espazos interiores amplos, como auditorio ou salón de actos, aula de grandes dimensións, pavillón, ximnasio ou outros espazos diáfanos do centro. Recoméndase un espazo sen mesas ou con mobiliario que permita o movemento, a participación e as dinámicas grupais.

Coordinación co centro: previamente ao comezo do programa establecerase unha coordinación co equipo directivo e/ou de orientación para concretar:

  • Grupos participantes.
  • Calendario e horarios.
  • Espazo dispoñible.
  • Necesidades específicas de apoio.
  • Organización do alumnado.
  • Coordinación co profesorado responsable.

Documentos relacionados

  • Free Style People School 2026-27: expediente do programa (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión