O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o inglés e profundar no dominio do coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Só da Coruña
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado empadroado no Concello da Coruña que curse 1º de Bacharelato no curso 2025-26 nos centros da cidade.
O programa "Idiomas do Mundo" oferta un mínimo de 29 prazas para estancias dun mes en Irlanda durante os meses de xullo e/ou agosto, destinadas a estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.
O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural, aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto da diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.
As condicións do programa recolleranse nas bases reguladoras do mesmo, que se publicarán nesta mesma páxina en canto estean dispoñibles.
REQUISITOS
Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os seguintes requisitos:
BOLSA
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias, en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa, establecéndose dous tipos de bolsa:
PUBLICACIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS E REUNIÓN INFORMATIVA
O Servizo de Educación do Concello da Coruña publicou, o mércores 20 de maio, as listas definitivas do alumnado seleccionado, en lista de espera e persoas excluídas. As listas pódense consultar a través do taboleiro de edictos municipal e nesta mesma páxina, na sección de documentos "relacionados".
De acordo ao estblecido no punto 13 das base da convocatoria, tras a publicación das listas definitivas, as persoas seleccionadas dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles para a súa aceptación (do 21 de maio ao 3 de xuño, ambos os días incluídos), que deberá ser asinada por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao servizo municipal de educación (SME), a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Transcorrido ese prazo de 10 días hábiles, sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncia á súa participación no programa.
Os modelos de aceptación e renuncia pódense descargar desde a sección de documentos "relacionados".
Por outra banda, no caso de que a persoa solicitante teña que facer unha achega económica, deberase achegar, así mesmo, o xustificante bancario do pago á empresa adxudicataria do importe correspondente á achega familiar.
Para informar sobre os detalles do programa convócase ás familias das persoas seleccionadas, e das 10 primeiras en lista de espera (número de orde de 33 a 42), a unha reunión informativa, que se celebrará o xoves 28 de maio, a partir das 18:00 horas, na aula 9 do Centro Sociocultural Ágora.
Estancias dun mes os meses de xullo e/ou agosto de 2026 en Irlanda.
Datas da estancia en Irlanda: do 26 de xullo ao 23 de agosto.
Dende o 02/02/2026 ata o 13/02/2026
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:
IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que vén establecida nas bases.
Novas relacionadas
Eventos relacionados
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible