Concello da Coruña

Concello da Coruña

Idiomas do mundo 2022

O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2021-22, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2022, en inglés, portugués, francés ou alemán, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado que cursou 1º de BACH no curso 2021-22, residente na Coruña.

Anual

Prezo / Custo:

Tipos de bolsas

  • Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000,00€ anuais de renda per cápita
  • Bolsa parcial. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que superen os 9 000,00€ anuais de renda per cápita. As familias asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do custo total da praza, calulado en función da súa renda

Obxecto:

O programa permitirá ao alumnado a súa participación nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar o seu desenvolvemento persoal.

Destinos e prazas

60 prazas:

  • Irlanda, 37 prazas
  • Francia, 10 prazas
  • Portugal, 10 prazas
  • Alemaña ou Austria, 3 prazas

Requisitos

  • Estar empadroado no concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal (exclusivamente nos casos en que a representación legal do menor non sexa ostentada polos pais).
  • Estar a cursar, no réxime xeral, 1º de Bacharelato no curso 2021/2022, nun centro escolar da cidade da Coruña.
  • Contar no curso 2020-2021 cunha cualificación media de 6,5 puntos en 4ª da ESO e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso 2020-21 cunha cualificación mínima de 7 puntos en 4º da ESO nas linguas estranxeiras para as que se solicite o programa (inglés, francés, portugués ou alemán). No caso de estar a cursar algún destes idiomas na Escola Oficial de Idiomas poderase alegar a cualificación obtida nela. Para o caso de portugués, de non estar a cursar esta materia, a cualificación para valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura do curso 2020-21,
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) e o pasaporte. A data de caducidade dos documentos debe ser posterior á data de regreso da viaxe.
  • As persoas que necesiten visado para realizar estadías no país para o que solicitan destino deberán dispoñer do mesmo polo menos 15 días antes do inicio da viaxe. A tramitación e obtención do visado é responsabilidade da persoa solicitante.

Documentación a presentar

A documentación que se relaciona a continuación ten que presentarase por rexistro, dentro do prazo sinalado no punto anterior, acompañada dunha instancia na que se solicite a participación no programa municipal.

  • Fotocopia do DNI (carné de identidade, pasaporte...) do solicitante e dos pais ou representantes legais.
  • Copia do resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña (PDF enviado ao correo electrónico unha vez feita a inscrición). Importante: deberá estar asinada pola persoa solicitante e no caso de menores pola persoa que teña a patria potestade ou tutela.
  • Certificado de empadroamento do solicitante no que figure co pai/nai ou representante legal. Non será necesario a presentación do documento cando se autorice ao Concello para a consulta dos datos no padrón municipal.
  • Certificado das cualificaciones correspondentes a 4º da ESO do curso académico 2020-21. No caso de estar a cursar algún idioma na Escola Oficial de Idiomas, deberá achegarse certificado de nota ou titulación.
  • Certificado emitido polo centro educativo de estar a cursar 1º de Bacharelato no que figure o nome da persoa solicitante, datos do centro e curso.
  • Se for o caso, certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo competente na materia acreditativo do grao de minusvalía do alumno/a.
  • Se for o caso, documentación acreditativa da existencia de casos de violencia de xénero na unidade de convivencia, de conformidade co artigo 5 da Lei 11/2007, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
  • No caso de non se autorizar na solicitude a consulta de datos tributarios, certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante AEAT) das declaracións de IRPF individuais de ambos os proxenitores ou conxunta, correspondentes ao exercicio 2020, emitidas e datadas no mes de xullo ou posterior de 2021.
  • No suposto de familias monoparentais, achegarase acreditación documental das circunstancias familiares, tales como: título de familia monoparental, sentenza de divorcio e convenio regulador onde conste o relativo á custodia do/da menor, certificado de defunción (no caso de viuvez) e libro de familia ou documento análogo que acredite o estado civil dos membros da unidade de convivencia.
  • Cando se teña acordada pensión de alimentos, ou exista dereito a ela, deberá achegarse a resolución xudicial máis recente que a estableza.

Cando:

4 semanas de duración, preferentemente durante o mes de xullo de 2022.

Inscricións:

Dende o 18/02/2022 ata o 04/03/2022

Inscrición alumnado

A inscrición realizarase a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2022".

As persoas interesadas deberán inscribirse en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2022". Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

T: 981 184 200 ext 12114

educacion@coruna.es

Documentos:

Bases BOP IDM22 (122 KB)

Convocatoria BOP IDM22: apertura de prazo de solicitude (74 KB)

Documentos relacionados

  • BOP: corrección de erros basees IDM 20222 (99 KB)
  • Díptico IDM 2022 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión