Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo do municipio portugués de Felgueiras .
Os intercambios terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2024.
Só da Coruña
Educación
Outras
Público
Alumnado que curse 5º ou 6º de Educación Primaria durante o curso 2023/2024, pertencente a un centro público do Concello da Coruña.
anual
Gratuíto
Os concellos da Coruña e Felgueiras faranse cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e comidas, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios polas súas respectivas cidades.
O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteiriza de Dereito Público, formada por Municipios e Entidades da Administración Local que integran o sistema urbano da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, que inclúe o Concello da Coruña.
No grupo de traballo de Educación e Cultura do mencionado Eixo, leva varios anos desenvolvendo o proxecto Intercambios Escolares,cos seguintes obxectivos:
• Promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial).
• Facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico.
• Concienciar os estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e que conforman unha Eurorrexión.
• Promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.
Os intercambios terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2024, nas datas que se determinen por ambos os municipios, de acordo cos centros educativos participantes.
O programa inclúe os seguintes servizos:
a) Os desprazamentos de ida e volta A Coruña - Felgueiras, para o alumnado seleccionado da Coruña e 2 docentes acompañantes e un/unha técnico municipal.
b) Aloxamento en Felgueiras do grupo seleccionado, en hotel ou albergue en réxime de pensión completa.
c) O seguro de viaxe e de responsabilidade civil.
d) O aloxamento hostaleiro en cuartos dobres con pensión completa do grupo visitante de Felgueiras na Coruña.
e) Acompañamento dun/dunha monitor/a nas actividades na Coruña.
f) Os desprazamentos pola cidade da Coruña do grupo seleccionado e outros gastos que se consideren necesarios para levar a cabo os obxectivos deste programa.
Ata o 15/03/2024
A data de inicio da inscrición está por determinar.
As memorias presentaranse a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "III Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
Un grupo escolar formado por un máximo de 30 participantes (alumnado e 2 docentes), de 5º ou 6º de educación primaria dun centro público do Concello da Coruña.
O grupo seleccionado será simultaneamente "grupo anfitrión" e "grupo visitante".
Deberá inscribirse e presentar unha proposta de proxecto de actividades a desenvolver na Coruña con grupo visitante portugués, para darlles a coñecer a cidade.
Estes proxectos poden incluír: a descrición do municipio, o patrimonio (cultural, natural e inmaterial), a súa cultura e costumes, as festas, os barrios, o noso centro educativo e o seu barrio, o porto, as infraestruturas, a economía e a sustibilidade, as tecnoloxías, as oportunidades de lecer, como vemos a cidade no presente, proxectos futuros... a condición de que se enmarquen dentro da problemática e realidade da nosa cidade.
PRESENTACIÓN DA MEMORIA
Os grupos participantes deberán presentar unha Memoria, coas seguintes características:
FORMA E PRESENTACIÓN DA MEMORIA
A Memoria presentarase a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "III Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
Concellos da Coruña e Felgueiras (Portugal), coa colaboración do Eixo Atlántico .
As condicións do programa están recollidas nas bases reguladoras do Concurso III Intercambio Escolar do Eixo Atlántico .
Concello de Felgueiras:
Regulamento dos III Intercambios Escolares do Eixo Atlántico (486 KB)
Bases reguladoras do Concurso de selección do III Intercambio Escolar do Eixo Atlántico (353 KB)
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible