Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inicia 2024-25

Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Centros con ciclos formativos de Formación Profesional e Ensino Especial situados no municipio da Coruña. O programa proporciónalle apoio ao profesorado dos centros participantes mediante a formación e titorización ao alumnado, ademais ofrécense premios que priman as mellores iniciativas emprendedoras.

O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Empleo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Centros con ciclos formativos de Formación Profesional

Ensinos especiais (Educación superior)

Obxecto:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado dos Centros de Formación Profesional e Ensinos especiais da cidade da Coruña.
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora nos Centros de Formación Profesional e Ensinos Especiais.
  • Servir de instrumento de promoción de boas ideas empresariais, proxectos e persoas que as leven a cabo.
  • Fomentar iniciativas emprendedoras que repercutan na economía do Concello.
  • Dar a coñecer os recursos municipais de apoio ao emprendemento.
  • Apoiar o persoal docente dos Centros Educativos
  • Favorecer e mellorar o desenvolvemento de valores educativos

Condicións do programa

Horarios adaptados a cada centro educativo. O alumnado debe asistir ás catro sesións formativas.

Contidos

  • Módulo 1: presentación e motivación. Plan de empresa
  • Módulo 2: primeira sesión de titorización de proxectos
  • Módulo 3: segunda sesión de titorización de proxectos
  • Módulo 4: como presentar o meu proxecto (obradoiro teórico-práctico)

Metodoloxía

O programa componse de catro módulos formativos coordinados co persoal docente que sirvan de apoio durante a elaboración do proxecto emprendedor que realiza o alumnado. Tres módulos son presenciais e un deles, o segundo, de titorización, preferentemente en liña.

O alumnado que o desexe poderá realizar unha simulación de presentación do seu proxecto para poñer en práctica o aprendido no módulo 4.

Os proxectos elaborados poderán ser presentados á selección para participar na Feira de Ideas Empresariais. Nesta Feira, na que participan un máximo de 15 proxectos, premiaranse as 3 mellores iniciativas emprendedoras (ver bases).

  • A entrega de premios realízase como acto final da Xornada final na que ten lugar a entrega de premios para os mellores proxectos:
    • Primeiro premio: cheque regalo de 300 € para cada un dos integrantes do proxecto
    • Segundo premio: cheque regalo de 200 € para cada un dos integrantes do proxecto
    • Terceiro premio: cheque regalo de 150 € para cada un dos integrantes do proxecto
  • Premio ao profesorado:
    • Cheque regalo de 300 € para o/a docente do proxecto gañador do primeiro premio.
  • Premio ao centro máis implicado:
    • Cheque regalo de 300 € para o centro educativo máis implicado.

Cando:

Dende o 07/10/2024 ata o 28/03/2025

Setembro - Novembro: información ao profesorado, coordinación e calendarización de sesións.

Outubro - Febreiro: desenvolvemento da formación e titorización (4 módulos). Na ficha de solicitude deben indicarse as datas preferentes para as 4 sesións.

Marzo: entrega de proxectos, selección, Feira de Ideas e Premios.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 15/11/2024

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 15 DE NOVEMBRO DE 2024

Inscrición centros

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo de Emprego e Empresa

empresa@coruna.gal

/empresa/gl

Documentos relacionados

  • Bases Inicia 2024-25 (222 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión