Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Centros con ciclos formativos de Formación Profesional e Ensino Especial situados no municipio da Coruña. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes mediante a formación e tutorización ao alumnado. Ademais ofrécense premios que priman as mellores iniciativas emprendedoras.
O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.
Só da Coruña
Empleo
Complementaria
Gratuíto
Condicións do programa
Horarios adaptados a cada centro educativo. O alumnado debe asistir ás tres sesións formativas.
Contidos
Metodoloxía
O programa componse de tres módulos formativos coordinados co persoal docente que sirvirán de apoio durante a elaboración do proxecto emprendedor que realiza o alumnado.
O alumnado que o desexe poderá realizar unha simulación de presentación do seu proxecto para poñer en práctica o aprendido no módulo 3.
Os proxectos elaborados poderán ser presentados á selección para participar na Feira de Ideas Empresariais. Na devandita Feira, na que participan un máximo de 15 proxectos, premiaranse as 3 mellores iniciativas emprendedoras (ver bases de participación).
Dende o 10/09/2025 ata o 27/02/2026
Setembro: información ao profesorado, coordinación e calendarización de sesións.
Setembro a decembro: desenvolvemento da formación e tutorización (3 módulos)
Xaneiro e febreiro: entrega de proxectos, selección, Feira de Ideas e Premios.
Dende o 01/09/2025 ata o 10/09/2025
Inscrición centros
Na ficha de solicitude deben indicarse as datas preferentes para as 3 sesións.
Servizo de Emprego e Empresa. Departamento de Promoción Económica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible