Concello da Coruña

Concello da Coruña

Intercambio escolar do eixo atlántico

Para o ano 2023, os alumnos da cidade portuguesa de Santa María da Feira virán de intercambio á nosa cidade e os alumnos de 5º ou 6º de Educación Primaria da Coruña irán á devandita cidade de intercambio (un grupo cada un).

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Os destinatarios deste concurso serán os grupos escolares formados por un máximo de 30 participantes, é dicir unha clase educativa, que deberán estar a cursar o 22/23 quinto ou sexto curso de primaria e pertencer a CEIPs da Deputación da Coruña

Obxecto:

  • Promover entre os estudantes e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial).
  • Facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico.
  • Concienciar aos estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e que conforman unha Eurorrexión.
  • Promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.

O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteiriza de Dereito Público, formada por Municipios e Entidades da Administración Local que integran o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que inclúe a Deputación da Coruña.

No grupo de traballo de Educación e Cultura do mencionado Eixo, levamos varios anos desenvolvendo o proxecto Intercambios Escolares, un programa onde estudantes dunha cidade portuguesa intercámbianse con estudantes da nosa cidade.

Para o ano 2023, os alumnos da cidade portuguesa de Santa María da Feira virán de intercambio á nosa cidade e os alumnos de 5º ou 6º de Educación Primaria da Coruña irán á devandita cidade de intercambio (un grupo cada un).

Para a selección do grupo escolar que será destinatario do intercambio, realízase un concurso de selección no que desexan participar as diferentes aulas de alumnos de 5º e 6º dos Centros do Municipio da Coruña.

TEMÁTICA

Consistirá na presentación dunha Memoria para dar a coñecer a cidade da Coruña

Estes proxectos inclúen a descrición do municipio, a súa cultura, infraestrutura, economía, sostibilidade, tecnoloxías, barrios, como vemos a cidade no presente, proxectos de futuro..., a condición de que se enmarquen dentro da problemática e realidade da nosa cidade.

PRESENTACIÓN DA MEMORIA

Os grupos participantes deberán presentar unha Memoria sobre a cidade orixinal, inédita e en lingua galega no marco a que se refire a cláusula anterior, coas seguintes características:

  • Proxecto dun máximo de 20 follas en letra Arial 11 por cara cun espazo entre liñas simple, xa sexa física ou virtualmente.
  • Unha folla inicial que incluirá o nome e obxecto do Proxecto, nome da Escola, nome do grupo ao que pertence o traballo (5º A, 6º C...), e o profesor responsable do mesmo.
  • O proxecto poderá ir acompañado de vídeos, fotografías, planos, maquetas ou calquera outra explicación do proxecto nun arquivo adxunto á memoria principal.
  • Excluiranse os proxectos que non cumpran cos requisitos esixidos

FORMA E PRESENTACIÓN DA MEMORIA

As Memorias presentaranse antes da data indicada anteriormente (30 de marzo) a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "Concurso Eixo Atlántico".

Para a valoración das memoria teranse en conta os seguintes criterios: valorando cada un deles cun máximo de 10 puntos, sendo a puntuación máxima alcanzada por un proxecto de 40 puntos

  • presentación do proxecto
  • Achéganse materiais explicativos como anexos ao proxecto
  • Grao de innovación e orixinalidade do proxecto
  • Grao de interiorización respecto ao Eixo Atlántico

Unha vez seleccionado o grupo participante, será o destinatario do intercambio cos alumnos seleccionados na cidade de Santa María da Feira, durante tres días no mes de abril ou maio do ano 2023, incluíndo dous docentes responsables do seleccionado.

Este intercambio inclúe desprazamentos, manutención, visitas e gastos derivados da estadía dos estudantes na cidade de Santa María de Feira que sufragará en parte o Concello da Coruña e en parte o Concello de Santa María da Feira.

Cando:

Dende o 25/01/2023 ata o 15/02/2023

  • Data límite de inscrición na Web Educativa para presentación da Memoria: a inscrición deberana realizar os Centros Educativos, desde o 24 de Xaneiro ata o 15 de febreiro de 2023 a través da ficha de inscrición.
  • Data límite para presentar a Memoria da Cidade da Coruña: é ata o 30 de marzo de 2023

Xa rematou

Inscricións:

As Memorias presentaranse antes da data indicada anteriormente (30 de marzo) a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "Concurso Eixo Atlántico".

Organiza:

Para calquera aclaración, pode poñerse en contacto por teléfono no número: 981.18.42.00 solicitando ser redirixido ao Servizo de Educación da Deputación da Coruña ou a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal

Documentos:

Regulamento_III_Intercambios_Escolares_gl.pdf (148 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión