Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mobilidade sostible 2026-27

Programa de educación ambiental orientado a analizar e promover unha mobilidade responsable, fomentando a concienciación cidadá e visibilizando a importancia de garantir contornas accesibles e inclusivas para todas as persoas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO dos centros da cidade.

Prezo / Custo:

As actividades do programa son GRATUÍTAS.

* No caso das saídas que requiran desprazamento en autobús, a contratación e o custo do servizo correrán a cargo do centro.

Obxecto:

  • Concienciar sobre unha mobilidade responsable: que as nosas decisións individuais e os nosos usos cotiáns redunden nunha economía baixa en carbono.
  • Analizar a mobilidade na Coruña: transporte urbano colectivo, carrís bici, desprazamentos camiñando aos colexios, peonalizacións e obxectivos futuros de mobilidade.
  • Visibilizar a accesibilidade: ramplas, escaleiras mecánicas, pasamáns, seguridade viaria, zonas de aparcadoiro de bicicletas, software asociado ao uso do transporte público, contornas amables e humanas como futuro urbano sostible.

A mobilidade sostible é un aspecto clave para mellorar a calidade de vida nas cidades, reducir as emisións contaminantes e fomentar contornas urbanas máis seguras e accesibles. Achegarlle estes conceptos ao alumnado permítelles comprender a importancia de modos de desprazamento alternativos ao coche privado, como camiñar, usar a bicicleta ou o transporte público, contribuíndo así a un modelo de cidade máis saudable e eficiente.

Incorporar esta temática na educación promove hábitos de desprazamento responsables desde idades temperás, á vez que sensibiliza sobre os impactos ambientais, sociais e económicos do actual sistema de transporte. Ademais, facilita a reflexión sobre a seguridade viaria, o espazo público e a necesidade de deseñar cidades máis amables e sostibles para todas as persoas.

ESTRUTURA

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: Mobilidade sostibles (ESO)

  • Charla interactiva (1 hora): Camiños da Coruña sostible.
  • Taller (1 hora): Taller de comunicación: campaña pola mobilidade sostible.
  • Saída, conclusións e reflexión (2 horas): Percorrido polo barrio ou zonas acordadas da cidade.

Cando:

Dende o 02/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Co fin de favorecer a participación do maior número posible de grupos, se as solicitudes superan a dispoñibilidade do programa, a asignación de actividades terá en conta o número de actividades solicitadas por cada grupo.

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2026/2027

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión