Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Moda sustentable e consumo téxtil responsable 2025-26
O taller inclúe dinámicas visuais para entender a pegada ecolóxica da roupa e o seu impacto social, análise de etiquetas para coñecer a orixe e os materiais, e actividades prácticas de reparación e customización.
Presentaranse casos reais de marcas sustentables e debateranse criterios para elixir pezas de forma responsable.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Consumo
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público, Concertado, Privado
Obxecto:
Concienciar sobre o impacto ambiental e social do sector téxtil, promovendo hábitos de consumo máis responsables, éticos e sustentables na elección, uso e disposición da roupa.
Obxectivos específicos
Coñecer o ciclo de vida dunha peza: produción, transporte, uso e fin de vida.
Identificar prácticas prexudiciais da industria téxtil como a fast fashion e a explotación laboral.
Explorar alternativas de consumo como a reutilización, a reciclaxe téxtil, o intercambio e a compra de segunda man.
Fomentar hábitos de coidado, reparación e personalización de roupa para alargar a súa vida útil.
Cando:
Ver condicións xerais do programa.
Inscricións:
Ver condicións xerais do programa.
Contacto:
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible