Concello da Coruña

Concello da Coruña

Natación escolar 2026-27

O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta, para escolares dos centros educativos públicos da cidade, o programa de Natación Escolar 2026/2027, co fin de posibilitarlles aos e ás escolares da cidade unha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das súas técnicas de natación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Deportes

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3.º e 4.º de EP de CEIP da cidade. Ofértanse un total de 415 prazas.

A actividade desenvolverase nas seguintes instalacións:

  • Piscina Municipal de Santo Amaro
  • Piscina do Complexo Deportivo San Diego
  • Piscina Municipal de Riazor

A cada centro asignaráselle unha piscina municipal na que se desenvolverá a actividade (consultar distribución de centros e prazas ofertadas en https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/natacion-escolar-outubro-a-maio/natacion-escolar-curso-2026-27?argIdioma=gl).

Horario:

O programa desenvólvese durante o curso escolar, en 1 sesión semanal dentro do horario extraescolar, das 16.30 ás 17.15 h ou das 17.15 ás 18.00 h

Prezo / Custo:

Matrícula e formalización da inscrición

A matrícula formalizarase no prazo establecido (do 21 ao 24 de setembro) en cada unha das instalacións municipais, mediante o pago da taxa correspondente segundo a ordenanza fiscal en vigor (55,07 euros).

O pago poderase efectuar en efectivo ou con tarxeta nas caixas de cada piscina municipal (Riazor, San Diego, Santo Amaro) de forma presencial e por orde de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta.

Este pago inclúe o desenvolvemento da actividade de natación, o traslado en autobús dende o centro e cobertura sanitaria.

  • Os colexios que acudan á Piscina Municipal de Riazor: inscrición e aboamento da cota nas oficinas de rexistro da CD Riazor (é necesario pedir cita previa no 010 de atención cidadá ou na seguinte ligazón: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idcliente=3)
  • Os colexios que acudan á Piscina Municipal de Santo Amaro: inscrición e aboamento da cota nas oficinas do Club do Mar de Santo Amaro.
  • Os colexios que acudan á Piscina de San Diego: inscrición e aboamento da cota nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal San Diego.

Documentación que debe acompañarse para a matrícula.

  • Impreso de matrícula e carta de pago

No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de espera.

Obxecto:

  • Favorecer o desenvolvemento integral do alumnado a través do medio acuático.
  • Conseguir a familiarización e adaptación do alumnado ao medio acuático.
  • Contribuír ao proceso de educación e integración do alumnado.
  • Utilizar a auga como medio de recreo, co fin de xerar diversión e benestar a través do medio acuático e o movemento.
  • Desenvolver aspectos físicos, psíquicos e de relación social do individuo, coa finalidade de mellorar a calidade de vida.
  • Desenvolver as habilidades psicomotrices do alumnado, así como xerar hábitos de vida saudables a través do movemento e o exercicio físico.
  • Crear hábitos correctos de hixiene diaria.
  • Mellorar a condición física xeral do alumnado

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 31/05/2027

Inscricións:

Dende o 08/09/2026 ata o 14/09/2026

As solicitudes presentaranse, entre o 8 e o 14 de setembro, a través dun formulario habilitado na web de Deportes www.coruna.gal/deportes

Datas para ter en conta

  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes (15 de setembro): publicarase unha listaxe provisional de solicitantes, na que se poderán revisar os datos persoais, e abrirase un prazo para corrixir erros.
  • Corrección de erros (15 e 16 de setembro): abrirase un prazo para corrixir erros dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do enderezo programasdeportivos@coruna.gal
  • Sorteo (17 de setembro, ás 09.00 h): no caso de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas, realizarase un sorteo público da letra que establecerá o corte para a adxudicación. A ligazón ao sorteo publicarase na páxina web www.coruna.gal/deportes. Para a asignación de prazas terase en conta a letra do primeiro e segundo apelido do/a alumno/a.
  • Listaxe definitiva (17 de setembro ás 15.00 h): publicarase a listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de espera se o houbese.
  • Matrícula e formalización da inscrición (21 a 24 de setembro): formalizarase presencialmente en cada unha das piscinas municipais.

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes

Teléfono: 981 189 800 - Ext. 25007

programasdeportivos@coruna.gal

Organiza:

Servizo Municipal de Deportes

Máis información:

Máis información sobre prazas e normas en documentos anexos.

Documentos relacionados

  • Natación escolar 2026-27 - Bases da convocatoria (361 KB)
  • Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas e outras actividades (27 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión