Concello da Coruña

Concello da Coruña

O aire que nos rodea 2020-2021

A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica até tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; mais tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EP (1.º, 3.º e 4.º), ESO (1.º e 2.º), BAC (2.º) e EE.

Áreas de interese: "Ciencias Sociais" e "Ciencias da Natureza" en EP; "Bioloxía e Xeoloxía", "Música" e "Cultura Científica" na ESO e "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente" e "Física" en BAC. Colectivos.

Obxecto:

  • Sensibilizar o alumnado co coidado da atmosfera.
  • Ofrecerlle unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamental do valor do aire que nos rodea e dos perigos que o ameazan.
  • Identificar os axentes causantes da contaminación atmosférica e resolver os problemas ambientais derivados.
  • Informar dos labores que desde o Concello levan a cabo no control da calidade do aire.

ESTRUTURA

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexións- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid-19, son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, atendendo ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos, etc. que poidamos visitar na saída educativa.

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021

Desde o 01/10/2020 até a finalización do curso escolar

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 16/10/2020

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental y Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.es

981 903 834

Documentos relacionados

  • Descrición: O aire que nos rodea (133 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión