Concello da Coruña

Concello da Coruña

O aire que nos rodea 2025-26

Programa de educación ambiental que explica a orixe e a calidade do aire que respiramos nas contornas urbanas, os seus efectos na saúde e o medio ambiente, e como nosas accións poden melloralo.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º a 6º de EP e de 3º e 4º de ESO dos centros da cidade.

Obxecto:

  • Sensibilizar ao alumnado co coidado da atmosfera.
  • Ofrecerlles unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamental do valor do aire que nos rodea e os perigos que o ameazan.
  • Identificar os causantes da contaminación atmosférica e resolver os problemas ambientais derivados.
  • Informar dos labores que desde o Concello levan a cabo no control da calidade do aire.

A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica ata tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; pero tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida.

Estrutura

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: O aire e o clima na Coruña (3º e 4º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): Explorando o aire e o clima.
  • Taller (1 hora): Construímos a nosa estación meteorolóxica.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita ao Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sustentable "Fernando Roade" (Bens).

Módulo 2: O aire que respiramos (5º e 6º de EP)

  • Charla interactiva (1 hora): O aire que respiramos.
  • Taller (1 hora): Xogos cooperativos: un patio saudable.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita á Estación de vixilancia da calidade do aire da Praza de Pontevedra.

Módulo 3: Medindo a calidade ambiental (3º e 4º de ESO)

  • Charla interactiva (1 hora): A ciencia do aire.
  • Taller (1 hora): Do dato á acción.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas):Visita á Estación de vixilancia da calidade do aire da Praza de Pontevedra.

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 19/06/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2025-2026

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión