Este obradoiro abordará diferentes temáticas relacionadas coa promoción da Igualdade e da Diversidade, axustándose ao nivel educativo do alumnado e empregando ferramentas didácticas atractivas e de natureza lúdica que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario.
Só da Coruña
Igualdade
Complementaria
Alumnado de 1º e 2º de ESO e de Formación profesional Básica.
Lectivo dos Centros Educativos.
Condicións do programa/obradoiro
Temáticas e formatos ou técnicas de traballo
1. Relación de temáticas que poden abordarse no taller:
a. Modelos de masculinidade e feminidade.
b. As diferentes sexualidades e as Lgtbqi+fobias.
c. Redes sociais e ciberviolencias de xénero.
d. Profesións e actividades sen xénero.
e. Consumo e publicidade con perspectiva de xénero.
f. Identidades de xénero e orientación sexo-afectiva.
g. A imaxe persoal. Imposición de canons estéticos. A cousificación e a hipersexualización das nenas e mozas.
h. Prevención da violencia sexual. Evitando a violencia sexual a través de relacións afectivo emocionais e sexuais sas.
i. Abordaxe da xestión emocional e a súa relación coa saúde mental, aplicando a perspectiva de xénero.
j. Abordaxe da diversidade (sexual, funcional, étnica, racial, cultural, imaxe física, identidade e orientación sexo-afectiva) e a súa relación co benestar físico e emocional, aplicando a perspectiva de xénero.
As temáticas propostas poderán variar ao longo da duración do contrato para adaptarse ás novas realidades e necesidades detectadas polos centros educativos.
2. Relación de formatos para o desenvolvemento da sesión:
a. Cómic - Ilustración.
b. Publicidade - Márketing.
c. Música.
d. Curtas - Vídeos - Podcast.
Todos os formatos abordaranse con perspectiva de xénero.
Duración
Cada obradoiro terá unha duración de 5 horas, recomendándose a súa distribución en varias xornadas consecutivas, axustando en calquera caso a súa distribución á dispoñibilidade do centro educativo.
Metodoloxía
Participativa (individual e a través de dinámicas grupais), a través de actividades que fomenten a capacidade creativa do alumnado.
Os contidos e materiais didácticos empregados estarán axustados ao nivel educativo e curso do alumnado participante.
As actividades realizadas para o desenvolvemento do taller respectarán o formato ou técnica seleccionada polo centro educativo. Estres formatos implican a realización de actividades novas, actualizadas e facendo uso das tecnoloxías da información e comunicación.
O desenvolvemento do obradoiro abordará de maneira transversal o fomento de habilidades de comunicación e empatía entre o grupo de iguais.
Procedemento de actuación
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
2º e 3º trimestres do curso escolar 2024-2025.
Xa rematou
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Centro de Información ás Mulleres (CIM Coruña)
E-mail: cim@coruna.gal
Tel.: 981 184 200 ext. 67126 - 67905
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible