Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar nun concurso a nivel autonómico. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.
De calquera concello
Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado dos seguintes niveis e categorías:
De 9.00 a 14.30 horas
En sesións de 9.00 a 10.30 h; de 10.20 a 11.50 h; de 11.40 a 13.10 h e de 13.00 a 14.30 h
A cerimonia de entrega de premios celebrarase o 30 de outubro, preferentemente ás 17.30 horas, salvo circunstancias imprevistas.
Gratuíto.
Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade nin a formación previa.
Ademais, preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe e por integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.
Desenvolvemento da actividade
Fase previa no centro educativo. Iniciación:
Cada grupo comeza o seu percorrido cunha presentación. Seguidamente, iniciarase a familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3 de maneira en liña, vendo os dous vídeos de Igaciencia (Vídeo de Robótica1 e VideodeRobótica2).
Fase presencial. Obradoiro e concurso:
Realizarase no Centro Municipal de Emprego dos Rosales (estrada dos Fortes, 16 e rúa Simón Bolivar, s/n, 15011 A Coruña).
Duración: 1 hora e 30 minutos, co apoio de 5 monitores/as e 15 robots Lego EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.
Na primeira media hora, o grupo realizará o obradoiro interactivo, conformado por unha serie de postos cun computador e un pack Lego xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizarán os primeiros programas, de forma titorizada por monitores/as, e trasladaranos aos robots para que os executen e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de lle dar vida e facer funcionar o robot.
A fase de concurso ocupará a hora seguinte. O alumnado recibirá unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo. Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.
Entrega de premios
O centro gañador en cada unha das categorías recibirá un premio de 300 € (só un premio por centro). Ademais, outorgaráselle un premio especial ao centro mellor clasificado do concello da Coruña.
A cerimonia de entrega de premios celebrarase o 30 de outubro, preferentemente ás 17.00 horas, salvo circunstancias imprevistas. Realizarase conxuntamente cos premios do Concurso de Drons 2026-27 .
Dende o 26/10/2026 ata o 30/10/2026
Dende o 21/09/2026 ata o 09/10/2026
Para formalizaren a inscrición, os centros deben acceder ao formulario de solicitude de IGACIENCIA e rexistrarse, dentro dos prazos que se determinen neste.
Prazos de inscrición na ficha de IGACIENCIA:
IGACIENCIA
Inés Ben
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200, ext. 10911
Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.
O alumnado debe ver previamente os dous vídeos citados anteriormente.
Monitores/as especializados/as.
IGACIENCIA
Centro Municipal de Emprego. Estrada de los Fuertes al Monte de San Pedro 16. 15011 A Coruña
Programas relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible