Programa educativo composto por obradoiros que abordan a Saúde Afectivo Sexual desde unha perspectiva de xénero nos que se traballa e reflexiona sobre as diferenzas de valores emocionais, afectivos e sexuais que nos transmiten segundo sexamos mozas ou mozos, as repercusións que estas diferenzas teñen nas nosas vidas e o impacto causado neste ámbito polos roles socialmente establecidos.
A través destes obradoiros ofrécense ferramentas educativas para promover unha sexualidade igualitaria, libre, sa e pracenteira dado que non existe unha sexualidade normal, acomodada ou correcta. Só hai unha regra para unha sexualidade saudable: o respecto cara a unha mesma, cara a un mesmo e cara ás outras persoas.
Ao realizar estas actividades en coordinación co centro escolar poténciase a sensibilización do profesorado en relación á importancia da educación afectivo sexual desde unha perspectiva de xénero e a súa normalización dentro das aulas.
Só da Coruña
Igualdade
Complementaria
Alumnado a partir de 2º de ESO, Formación profesional Básica e Media.
Lectivo dos Centros Educativos.
Obxectivos xerais
Existen un gran número de factores que están a influír nas condutas afectivas e sexuais da mocidade, factores que contribúen a fomentar os estereotipos de xénero, as desigualdades na parella e a violencia de xénero. Estes factores evidencian un "único" modelo sexual, predominantemente masculino, heterosexual, centrado na xenitalidade e carente de mensaxes positivas.
Existen tantas sexualidades como persoas hai no mundo, polo que a educación sexual debe adaptarse a cada unha destas realidades e así se recolle nestes obradoiros, defendendo o dereito á diversidade sexual e a vivir de forma positiva o feito sexual humano e as súas posibilidades.
Por todo iso, os obxectivos xerais do programa son:
Obxectivos específicos
Condicións do programa
O centro educativo proporcionará unha aula onde facer os obradoiros.
A duración de cada obradoiro por grupo-aula será dun máximo de 6 horas cada un deles, sendo aconsellable facer sesións de dúas horas máximas de duración. Acordaranse os horarios co centro educativo.
Obradoiros ofertados
Asignarase un mínimo dun obradoiro por centro escolar que contemple os diferentes grupos ou aulas (A, B, C...) dun curso determinado.
O número máximo de participantes será o número máximo de alumnado establecido por aula.
Contidos
Articúlanse ao redor de diferentes eixes, tendo sempre como punto de partida, tanto os intereses de cada grupo como os dereitos da persoa e as súas responsabilidades.
Abórdanse as consecuencias que ten unha educación afectiva construída de modo diferente segundo vaia dirixida a mozos ou a mozas e que perpetúa no conxunto da sociedade diferentes expectativas segundo o xénero.
Igualmente abórdanse os diferentes factores que inflúen nas condutas afectivas e sexuais da mocidade e as diferentes sexualidades existentes.
Metodoloxía
As actividades son participativas, adaptadas ás necesidades do alumnado. Trabállase cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que ás persoas participantes lles resulte doado falar das súas propias emocións e preocupacións.
Dende o 07/01/2022 ata o 23/06/2022
2º e 3º trimestres do curso escolar 2021-2022.
Xa rematou
Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021
Inscrición centros
Centro de Información ás Mulleres (CIM)
Coordinadora de centros e programas
Rúa Hortensias, 11. 15008. A Coruña
Tel. CIM: 981 184 356. E-mail: cim@coruna.gal
Tel.: 981 184 200 ext. 67094, 67901
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible