Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pleno infantil 2024-25

O Concello da Coruña desenvolve un Pleno Infantil no que a Alcaldesa e o Concelleiro de Educación se reúnen con escolares da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP.

Obxecto:

Ofrecerlle un espazo de reflexión aos nenos e nenas da cidade para que acheguen a súa visión sobre os dereitos recollidos na Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas (CDN) e como estes dereitos están reflectidos na súa vida cotiá.

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN), é un tratado internacional das Nacións Unidas ratificado o 20 de novembro de 1989, no que por primeira vez se recoñece que os nenos e nenas son persoas con dereito de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.

O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de ofrecerlle aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos e nenas.

No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrécelle aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

Esta actividade realízase en colaboración con UNICEF e ten lugar no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación de alumnos/as do curso participante, expón as conclusións do material traballado previamente na aula.

Cada centro participante, traballa ao redor dun dereito dos recollidos na CDN co material didáctico achegado por UNICEF. É por iso que esta actividade require que o profesorado realice no centro educativo unha sesión preparatoria da actividade dunha hora e media aproximadamente.

Entidades colaboradoras

UNICEF

Cando:

30/11/2023

O Pleno Infantil terá lugar arredor do 20 de novembro, para celebrar o día dos dereitos da infancia.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 18 42 00 ext 10260

educacion@coruna.gal

Recursos materiais:

Material e guía didáctica para traballar na aula, facilitado por Unicef.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión