Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pleno infantil 2026-27

O Concello da Coruña, en colaboración con UNICEF, súmase á celebración do 20 de novembro do Día Internacional da infancia, cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade e nenos/as participantes do Consello Local da Infancia (CLIAC).

O Pleno Infantil terá lugar ao longo da última semana de novembro (data por determinar), no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación do alumnado participante expoñerá as conclusións sobre o material traballado previamente na aula.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP.

Horario:

De 11.30 a 13.00 horas, aproximadamente.

Obxecto:

Ofrecerlle un espazo de reflexión aos nenos e nenas da cidade para que acheguen a súa visión sobre os dereitos recollidos na Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas (CDN) e entendan como estes dereitos se reflicten na súa vida cotiá.

A iniciativa está enmarcada na Convención de Dereitos do neno (CDN) e o tratado internacional de nacións unidas, ratificado o 20 de novembro, no que se recoñece por primeira vez que os nenos/as son persoas con dereitos de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.

O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de ofrecerlle aos nenos/as a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos/as.

No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrécelle aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

Cada centro participante traballa ao redor dun dereito dos recollidos na CND, co material didáctico achegado por UNICEF, e require que o profesorado realice unha sesión preparatoria da actividade, de hora e media aproximadamente, no centro educativo.

O evento central, o Pleno infantil, terá lugar a última semana de novembro (data por determinar) no Salón de plenos do Concello da Coruña. Estará presidido pola alcaldesa da cidade, Inés Rey e asistirá o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

O pleno transformarase, de maneira temporal, nun espazo de participación infantil para conmemorar o Día da Infancia.

Cando:

O Pleno Infantil celebrarase ao longo da última semana de novembro (data por determinar), para celebrar o Día dos dereitos da infancia.

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 18 42 00 ext 10260

educacion@coruna.gal

Recursos materiais:

Material e guía didáctica para traballar na aula, facilitado por UNICEF.

Recursos humanos:

Contará con persoal especializado de UNICEF que garantirá unha experiencia educativa, participativa e enriquecedora para todo o alumnado participante.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación en colaboración con UNICEF.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión