Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de acción voluntaria antenas de información xuvenil 2020-2021

Programa de acción voluntaria que consta da creación dunha rede de pequenas sucursais do Centro Municipal de Información Xuvenil, en 23 centros públicos (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e nos centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Juventud

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Destinatarios/as:

  • Persoas cun mínimo de 15 anos, cump​lidos a 31-12-2020, e non máis de 30.
  • Persoas novas soas ou acompañadas, matriculadas no centro de estudos onde se desenvolve o programa.

Obxecto:

- Creación dunha rede de difusión de información de interese xuvenil entre centros educativos da cidade da Coruña e o Centro Municipal de Información Xuvenil

Cada Antena de información xuvenil comprende:

  • A información actualizada proporcionada polo CMIX e de interese xuvenil: actividades, música, deportes, cinema, bolsas, concursos, formación, etc.
  • Canles dixitais de interese xuvenil
  • E o máis importante: Unha persoa ou grupo de persoas,os/as antenas

Ofrecemos:

  • Recibir formación en materia de información xuvenil
  • Recibir gratuitamente o Carne Xove, o Carné Internacional de Estudante, e o Carné de alberguista durante o ano escolar en que está como antena de información xuvenil.
  • Obter un certificado que acredite a súa participación no programa
  • Recibir entradas a eventos organizados e programados polo Concello da Coruña (concertos, deportes, cinema, teatro, etc)

Cando:

Dende o 01/11/2020 ata o 31/05/2021

Proceso de seleción de antenas de información xuvenil: Entre os meses de outubro e novembro.

Desenvolvemento do programa: De novembro de 2020 a maio de 2021.

Xa rematou

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil

R/ Río de Monelos 1 15006 A Coruña

Tel. 981 184 294

cmix@coruna.es

www.coruna.gal/cmix

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión