Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rebumbio matemático 2023-24

Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos centros docentes de Galicia matriculados en 6.º de EP

Horario:

Das 10.30 ás 13.00 h

Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/os, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.

O programa ten as seguintes fases:

  • Fases de centro que se realiza durante o mes de marzo no propio colexio. Unha vez terminada, cada centro comunicará os nomes das persoas participantes que forman cada equipo (indicarase a data o último día), cubrindo a ficha do formulario de zona
  • Fases zonais na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. A fase de zona da Coruña realizarase, previsiblemente no Fórum Metropolitano, o venres 26 de abril das 10.00 ás 13.00 h.
  • Final galega, o 24 de maio, ás 10.30 h na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña.

Nas Fase de Zona e na Fase Final galega, o alumnado deberá levar o material que considere necesario para resolver as probas (bolígrafo, lapis regra, calculadora etc.) Facilitaráselles papel.

Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a se identifique co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do centro educativo.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2023, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que vai intervir, e o profesorado responsable, no formulario de inscrición.

A comunicación coas persoas participantes realizarase a través dos enderezos electrónicos que faciliten. É importante que proporcionen dous enderezos diferentes (o do/a profesor/a e o do centro) por se houbese algún erro nalgún deles.

Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org

Cando:

Dende o 01/03/2024 ata o 31/05/2024

Inscricións:

Dende o 02/01/2024 ata o 01/03/2024

Inscrición dos centros

Ficha de solicitude xeral (para cubrir polo centro)

Os centros que desexen participar formalizarán as súas inscricións a través do Formulario de inscrición

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

info@agapemacoruna.com

www.agapema.org

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10911

educacion@coruna.es

Documentos relacionados

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión