Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.
De calquera concello
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de 6º curso de EP de centros educativos de Galicia.
Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/vos, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.
O programa ten as seguintes fases:
Nas Fases de zona e na Final galega, o alumnado deberá levar o material que consideren necesario para a resolución das probas (bolígrafo, lapis, regra, calculadora, etc.). Facilitaráselles papel DIN A4.
Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a identifíquese co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do Centro Educativo.
Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de abril de 2026, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van intervir, así como o profesorado responsable, no formulario de inscrición.
A comunicación cos participantes realizarase a través das direccións electrónicas que faciliten. É importante que proporcionen dúas direccións diferentes (a do profesor e a do centro) por se houbese algún erro nalgunha delas.
Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org
Datas por determinar.
Dende o 01/12/2025 ata o 31/03/2026
Ficha de inscrición (a cubrir polo centro).
Formulario de zona (a cubrir polo centro, para inscribirse na "fase de zona", e tras realizar a "fase de centro").
Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible