Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das Matemáticas.
De calquera concello
Educación
Complementaria
Público, Concertado, Privado
Alumnado de 6º curso de EP de centros educativos de Galicia.
Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/os, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.
O programa ten as seguintes fases:
Nas fases de zona e na final galega, o alumnado deberá levar o material que consideren necesario para a resolución das probas (bolígrafo, lapis, regra, calculadora etc.). Facilitaráselles papel DIN A4.
Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a se identifique co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do Centro Educativo.
Os centros que desexen participar na fase de centro, deberán inscribirse, a través do formulario de inscrición na web de Agapema (www.agapema.org), entre o 1 de decembro de 2026 e o 1 de marzo de 2027.
Seguidamente, para participar na fase de zona, os centros deberán formalizar, antes do 1 de abril de 2027, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase, e cada un formado por 3 alumnos/as) que van intervir, así como o profesorado responsable, no formulario de inscrición na web de Agapema (www.agapema.org).
A comunicación cos participantes realizarase a través dos enderezos electrónicos que faciliten. É importante que proporcionen dos enderezos diferentes (a do profesor e a do centro) por se houber algún erro nalgunha delas.
Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org
Fase de centro: realizarase durante o mes de marzo no propio colexio.
Fase de zona: a fase da zona da Coruña realizarase no Fórum Metropolitano, en data por determinar.
Final galega: terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, en data por determinar.
Formulario de inscrición de centros (a cubrir polo centro, antes do 1 de marzo de 2027), para a inscrición do centro na fase de centro do XXVI Rebumbio Matemático.
Formulario de inscrición de equipos (a cubrir polo centro, antes do 1 de abril de 2027) para inscribir os equipos que van participar na "fase de zona", e tras realizar a "fase de centro".
Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible