Programa municipal de reforzo educativo en Ciencias para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2022/2023
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Alumnado de Educación Secundaria, con dificultades de motivación, comprensión e aprendizaxe no ámbito das ciencias matriculado en centros educativos da Coruña; será derivado ao SME.
Nota: os horarios poden sufir modificacións debido a problemas organizativos do espazo onde se imparten.
| TALLERES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA-CIENCIAS | |||||
| CENTRO CÍVICO | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
| CIENCIAS - Castrillón | 18:30-20:00 | 18:30-20:00 | |||
| CIENCIAS - Elviña | 16.30 - 18.00 | 16.30 - 18.00 | |||
| CIENCIAS-Monte Alto | 16:00-17:30 | 16:00-17:30 | |||
| CIENCIAS - Eirís | 16.30 - 18.00 | 16.30 - 18.00 | |||
Gratuíta
O obradoiro impártese en 4 centros cívicos da cidade cun total de 4 talleres que se realizan dous días á semana cunha duración de hora e media por sesión.
Condicións do programa:
- Os grupos terán un máximo de 6 participantes.
- A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo prestarano dous ou dúas docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.
- As actividades deberanse adaptar ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van desenvolver.
Dende o 03/10/2022 ata o 31/05/2023
As datas de realización poden sufrir cambios por motivos organizativos.
Xa rematou
Inscricións do centro:
Mediante solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como, de ser o caso, polo persoal técnico de Servizos Sociais.
Inscricións do alumnado:
Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada desde o SME quen realizará a inscrición oportuna da actividade, informará e coordinarase cos/as profesionais implicados/as.
Servizo Municipal de Educación
Teresa Delgado López
Tel.: 981 184 200 ext. 12039
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible