Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de "usar e tirar", imperante hoxe en día.
Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, cerrar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sostible son a base da economía circular. No Plan de tratamento de residuos urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Público, Concertado, Privado
EP (2.º, 3.º, 4.º, 5.º e 6.º), ESO (de 1.º a 4.º), BACH (2.º) e EE. Áreas de interese: "Ciencias da Natureza" en EP; "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional", "Bioloxía e Xeoloxía" e "Cultura Científica" en ESO e "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente" e "Economía" en BACH. Colectivos.
ESTRUTURA
A consecuencia da pandemia da COVID son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.
Dende o 03/10/2022 ata o 21/06/2023
Xa rematou
Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022
Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.
Tel.: 981 903 834
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible