Programa de educación ambiental dirixido a coñecer as claves críticas da xestión sostible e o Plan de Residuos Municipal.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Público, Concertado, Privado
2º, 3º, 4, 5º e 6º EP, 1º a 4º ESO, 2º BACH e EE.
Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de "usar e tirar", imperante hoxe en día.
Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, pechar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sostible son a base da economía circular. No Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.
ESTRUTURA
A consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc que poidamos visitar na saída educativa.
Áreas de interese:
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Xa rematou
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Tel.: 981184315
Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2024-2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible