Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rutas urbanas animadas 2022-23

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de último curso (3º EI) da Rede de Escolas Infantís Municipais.

Alumnado de EI e 1º e 2º cursos de EP dos CEIP do municipio da Coruña.

Horario:

Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos (máis o tempo de chegada e saída no autobús):

  • Sesión 1: de 10.00 a 11.20 h.
  • Sesión 2: de 11.30 a 12.50 h.

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a. Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e o modo de ingreso da cota.

Rutas que se ofertan

Ruta 2 e 3 anos. Parque de Santa Margarita: espertando os sentidos (parque de Santa Margarita - contorna Casa das Ciencias)

  • Temática: Unha aproximación aos espazos verdes e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza

  • Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística

Ruta 4 anos. Historias de María Pita (Praza de María Pita )

  • Temática: Un espazo histórico-cultural no que poder vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de Mª Pita .
  • Competencias: Social e cidadá. Lingüística

Ruta 5 anos. Umn museo ao aire libre (Xardíns Méndez Núñez - zona monumento Curros Enríquez)

  • Temática: Unha zona dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, de escoitar, de construír e de comparar.
  • Competencias: Cultural e artística. Lingüística

Ruta 1º EP. Xardín de San Carlos: memorias dunha batalla (Xardín de San Carlos e Museo Histórico Militar)

  • Temática: Un espazo singular no que conxugar natureza e historia a través dos elementos que compoñen o lugar.
  • Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Social e cidadá. Lingüística

Ruta 2º EP. Tesouros de María Pita (Praza de María Pita )

  • Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
  • Competencias: Competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística

Condicións do programa

  • Necesidade da presenza do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • Nº máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase e un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro considérao necesario)
  • Os buses recollerán no centro aos escolares e ao profesorado media hora antes do inicio da ruta para ser trasladados ao lugar onde se realice o percorrido. Os educadores das rutas non irán nos buses, estarán a esperar no espazo onde se desenvolve a ruta.
  • As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
  • No caso de que a demanda de rutas exceda os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

  • Envío do calendario provisional: 18 de febreiro (modificacións ata o 25 de febreiro inclusive).
  • Envío do calendario definitivo: 10 de marzo.
  • Inicio de actividade: luns 14 de marzo.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

15002 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

Cando:

Dende o 01/03/2023 ata o 31/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 15 de setembro ao 15 de outubro

Contacto:

Federación de ANPAS de centros públicos

C/ Orzán, 21. 15003 A Coruña

Tel. 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 18 42 00 ext. 12027 e 12047

educacion@coruna.gal

Recursos materiais:

O alumnado de EP recibirá un caderno pequeno para completar as súas actividades.

Recursos humanos:

Cada grupo de 15 escolares irá acompañado dun/unha educador/a, ademais do seu profesorado.

Documentos:

Rutas urbanas animadas. Descrición (55 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión